Skip to content Skip to navigation

I CAMPUS DE PORTEIROS CD CONXO

I CAMPUS DE PORTEIROS CD CONXO

Club Deportivo Conxo presenta o seu I Campus de Porteros, unha actividade que reunirá a nenos e nenas entre 5 e 18 años os días 17, 18 y 19 de Agosto. O prezo será de 25 € por persoa e a data límite para inscribirse será o 10 de Agosto. 

O Cd Conxo ven de presentar o seu I Campus de Porteiros dirixido a rapaces e rapazas de 5 a 18 anos. Terá lugar nas instalacións do campo de fútbol de herba natural da Mercé, en Conxo, durante as mañás do 17, 18 e 19 de Agosto, aproveitando as vacacións estivais dos cativos, en horario de 10:30 a 13:30 horas. Será unha gran ocasión para que os porteiros poidan disfrutar de tres xornadas de adestramento técnico específico e competicións. 

As sesións serán coordinadas e dirixidas por adestradores especializados e titulados cunha gran experiencia neste tipo de traballo tan demandado hoxe en día polos clubs de fútbol. O prezo xeral é de 25€ por rapaz con descontos especiais para xogadores do club e para irmáns. Para maior información e inscricións, o web www.cdconxo.es, o Facebook do club (CD Conxo), o mail info@cdconxo.es e o teléfono 981 521 671 en horario de tardes. A data límite de inscrición será o 10 de Agosto.

En ONF-OND usamos software libre