Skip to content Skip to navigation

I CAMPUS DE PORTEIROS CD CONXO (Clausura)

I CAMPUS DE PORTEIROS CD CONXO

Finalizado o I Campus de Porteiros CD Conxo.

I CAMPUS DE PORTEIROS CD CONXO (Clausura)
I CAMPUS DE PORTEIROS CD CONXO (Clausura)

O mércores 19 de Agosto remataba o I Campus de Porteiros CD Conxo que se celebrou entre os días 17 e 19 de Agosto en horario de mañá nas instalacións deportivas de herba natural da Mercé de Conxo. As xornadas de adestramento técnico específico para porteiros contaron coa asistencia de máis de 20 gardametas de diversas idades, dende 5 a 17 anos de idade.

A numerosa asistencia puxo en releve a grande demanda de preparación específica existente para este tipo de demarcación, xa que congregou a porteiros de toda a comarca de Santiago procedentes de diversos clubs.

As sesións de adestramento foron coordinadas e levadas a cabo por adestradores específicos de porteiros, con formación e cunha grande experiencia neste tipo de traballo.

Brais Midón e Juan Lamas (actuais adestradores de porteiros do CD Conxo), xunto con Dani Pérez e Gonzalo Ares(adestradores de porteiros do Victoria CF e SD Cacheiras, respectivamente) foron os encargados de impartir as diversas sesións.

En ONF-OND usamos software libre