Skip to content Skip to navigation

As princesas do deporte rei (Reportaxe)

“As princesas do deporte rei” é unha reportaxe que fala do fútbol feminino a través das súas protagonistas. Elas son as que nos contan a realidade actual do seu día a día como futbolistas. Na reportaxe abórdanse cifras sobre o xénero no deporte e trátanse varios temas moi extrapolables a outras disciplinas: dende o deporte base ata o nivel profesional. Conta, de feito, con declaracións da futbolista Verónica Boquete, unha das mellores xogadoras do mundo. E todo iso condensado en apenas 10 minutos. Para facilitar a accesibilidade e permitir que chegue a un público máis amplo, a reportaxe conta ademais con subtítulos en galego e en castelán.

En ONF-OND usamos software libre