Skip to content Skip to navigation

Convenio Bertamiráns FC - Real Club Deportivo de la Coruña

Convenio Bertamiráns FC - Real Club Deportivo de la Coruña

Esta mañá ás 11:00 o presidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño, xunto co homólogo do RC Deportivo de la Coruña, Tino Fernández, nas instalacións do Mundo Fútbol, en Abegondo, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades.

Convenio Bertamiráns FC - Real Club Deportivo de la Coruña
Convenio Bertamiráns FC - Real Club Deportivo de la Coruña

O RC Deportivo viñalle botando o ollo ao bo traballo do equipo amiense, feito marcado pola cantidade de xogadores que están incorporando do Bertamiráns Fc ás súas filas, reflectido queda que en cada categoría do Clube herculino milita un xogador con pasado aurinegro.

Con este convenio, que se leva fraguando desde fai tempo, ambos Clubes buscan intercambiar as súas metodoloxías de traballo (no caso da amiense, boa cantidade de frutos deu e está dando), modelos de traballo das Secretarías Técnicas do Fútbol Base,...

O vindeiro Mércores ás 12:00 na Casa Consistorial de Ames, profundizarase nos puntos nos que se apoia este importante convenio para ambas entidades.

En ONF-OND usamos software libre