Skip to content Skip to navigation

Convenio de colaboración firmado entre RC Deportivo e CD Conxo

Escudo CD Conxo

Convenio deportivo firmado esta semana entre RC Deportivo de La Coruña e CD Conxo e que beneficiará a relación deportiva entre as canteiras de ambos clubs coa intención de incidir na mellora da formación deportiva tanto de xogadores coma de adestradores, así como unha serie de condicións que facilitarán a posibilidade de promoción de xogadores cara a categorías superiores.

Convenio CD Conxo - RC Deportivo de La Coruña
Convenio CD Conxo - RC Deportivo de La Coruña

Comprácenos poñervos en coñecemento que o CD Conxo ven de firmar un convenio de colaboración co RC Deportivo de La Coruña, cun ha duración de tres anos, e polo cal se estreitan os lazos de unión, de xeito oficial, entre ambas entidades deportivas.

A xa fluída relación existente, reflíctese deste xeito nun acordo formal, polo cal ambos clubs se beneficiarán mutuamente no referente a diferentes ámbitos de actuación deportiva. Os puntos fortes, entre outras vantaxes para ambos, serán a potenciación do traballo e formación do fútbol base e a posibilidade formativa para os adestradores do club santiagués, que terán posibilidade de achegarse, mediante visitas e charlas, á metodoloxía de traballo da base do cadro coruñés. O acordo alcanza tamén outras vantaxes como visitas de adestradores e xogadores, organización de campus, facilidades para o acceso a partidos, entre outras varias.

Un punto fundamental, será a estreita relación entre técnicos dun e doutro club, polo cal se facilitará a relación que posibilitará unha análise máis exhaustiva sobre os xogadores do club santiagués que poidan ter posibilidade de poder crecer e de ter unha oportunidade de realizar algún adestramento ou ben incorporarse á disciplina herculina.

A boa sintonía entre ambas entidades, ven xa de anos atrás, nos cales foros moitos os xogadores do CD Conxo que recalaron nas filas deportivistas para, en certos casos, atopar un camiño de saída cara o profesionalismo ou cara niveles superiores. Casos coma o de Pepe, Iván Pérez, Brais Abelenda ou Juampa Barros son algúns dos exemplo dunha longa lista que se renova cada ano. O pasado verán era Iván Varela, benxamín, o que recalaba en Abegondo e este mesmo verán o porteiro xuvenil Borja Rey xunto con Ángel Landeira, infantil do barrio de Conxo.

En ONF-OND usamos software libre