Skip to content Skip to navigation

II TORNEO A MERCÉ DE CONXO

Escudo CD Conxo

O vindeiro Venres 28, sábado 29 e domingo 30 de Agosto, dará comezo o II Torneo “A Mercé de Conxo” de fútbol base, no que se enfrontarán, nas citadas instalacións do barrio compostelán, algunhas das mellores canteiras do fútbol base a nivel comarcal e autonómico.

As categorías en competición serán Infantís (Venres 28), Cadetes (Sábado 29) e Xuvenís (Domingo 30) e o formato de competición enfrontará a 6 equipos por categoría, seguindo o mesmo formato os 3 días. Pola mañá e a partir das 9:30 se

enfrontarán en fase de grupos, sendo 2 grupos de 3 equipos; e pola tarde se dirimirán as eliminatorias segundo o orde de clasificación nos respectivos grupos a partir das 16:30, sendo a final a iso das 19:00.

En categoría Infantil tomarán partida: CD Conxo, Bertamiráns FC, ED Xuventude Oroso, Santiago de Compostela CF, Puebla FC e Montañeros CF. Todos pertencentes á Liga Galega Infantil.

En Cadetes: CD Conxo, Arosa SC e Dumbría CF de Cadetes División de Honra e Montañeros CF, Atl. Arteixo e CD Boiro de Liga Galega.

Por último en Xuvenís, CD Conxo, SD Órdenes, Montañeros CF, Unión de Asados de Liga Galega e SD Compostela e Santiago de Compostela CF de Liga Nacional.

Teremos a oportunidade de comezar a valorar o traballo realizado ata o momento na pretemporada polos diferentes equipos e servirá a todos eles para a posta a punto dos conxuntos de cara ao inminente comezo das súas ligas.

En ONF-OND usamos software libre