Skip to content Skip to navigation

Xuventude Oroso en infantís, Dumbría CF en cadetes e SD Compostela en xuvenís campións do II Torneo A Mercé de Conxo

Escudo CD Conxo

Fin de semana cargado de fútbol base nas instalacións deportivas da Mercé de Conxo, que deixou boas sensacións para a maioría dos equipos participantes nesta segunda edición do torneo do barrio compostelán.

Xuv. Oroso gran triunfador en categoría infantil
Xuv. Oroso gran triunfador en categoría infantil

Últimas probas antes do inicio das competicións que serviron aos técnicos para comprobar o nivel competitivo dos seus conxuntos e para sacar conclusión en canto ao nivel que poidan chegar a alcanzar durante os campionatos ligueiros. 

En infantís, disputado o venres 28, o ED Xuventude Oroso impúxose con claridade na final ao Montañeros BG, por un claro 4-0. Completou o podio o CD Conxo tras superar ao Santiago CF. Javi Domínguez do Xuv. Oroso foi nomeado mellor xogador. 

O sábado 29, disputábase a categoría cadete, na que o Dumbría CF superaba ao conxunto local do CD Conxo por 1-2. No terceiro chanzo o Arosa SC, con un gran fútbol, superaba ao CD Boiro. Brandon, xogador do Dumbría CF recolleu o premio ao mellor xogador. 

E por último na xornada do domingo 30, en xuvenís, era a SD Compostela a que superaba con certa claridade ao Santiago CF. O podio era completado polo CD Conxo que superou contundentemente ao CD Unión de Asados. Alberto foi neste caso o xogador que levou a distinción como mellor xogador da súa categoría.  

En ONF-OND usamos software libre