Skip to content Skip to navigation

Un Congreso en Carballo para profesionalizar o fútbol galego

I Congreso de fútbol Concello de Carballo

Tremendamente satisfeitos quedaron as familias de Quepasanacosta e Fútbol Táctico tralo I Congreso de Fútbol Concello de Carballo. Uns 125 adestradores de toda a península puideron aprender do mellor do mellor do fútbol español sen saír da Costa da Morte. Chegou xente de Valencia, Barcelona, León, Asturias, Las Palmas, Ourense, Vigo... para tomar nota das 12 ponencias.

I Congreso de fútbol Concello de Carballo
I Congreso de fútbol Concello de Carballo

Boa presencia na xornada do venres nun Pazo da Cultura cheo de personalidades, entre as que cómpre destacar a presencia de todo un campión olímpico e historia viva do Fútbol español, como Vicente Miera, que aguantou cada unha das ponencias, e ata as ceas da organización.

Preparación física, psicolóxica, estratexia, análises, experiencias internacionais, e defensa, moita defensa. Estes foron os temas dun Congreso que tratou de abranguer todas as disciplinas do deporte rei.

Sergi Barjuan e Paulo Noga abriron o venres o ciclo de ponencias. Impresionante a do coordinador de base do Oporto, demostrando unha estrutura completísima dunha canteira que tantos froitos dá. Paulo, ademais, demostrou unha categoría humana e unha capacidade de trasmitir fantástica.

A xornada sabatina arrincou ca primeira viaxe internacional do Congreso. Albert Roca e Carles Cuadrat leváronnos ata El Salvador, onde ambos estiveron ao mando da selección nacional.

Unha das mellores ponencias, segundo os asistentes, foi a de Víctor Paredes. O preparador físico do Rayo Vallecano interactuou cos adestradores falando de prevención de lesións, e mesmo se puxo á disponibilidade de cada un. José Molina estreábase enriba do estrado e explicou o seu programa de traballo na transición ataque-defensa no Villareal e no Kitchee de Hong Kong. En clave de coaching deportivo falou a psicóloga Amalia Revuelta, que coa súa simpatía e bo facer no escenario foi quen mesmo de falar “case bailar” aos entrenadores.

Media tarde do sábado e chegaba unha das ponencias máis esperadas, a do director do Congreso, Juanjo Vila. O “mestre” de moitos os que estiveron aí arriba debullou a importancia da orientación defensiva, facendo alusión ao que foi o seu mentor, Xulio Díaz, un dos entrenadores menos recoñecidos deste país.

Como Manu Sotelo, toda xa unha eminencia en materia de gardamallas. O adestrador de porteiros do Deportivo de A Coruña fixo interactuar aos asistentes, para falar do que acontece non só dentro, senón fóra da área. Un luxo poder escoitalo e telo tan preto de nós.

Pechábase a xornada sabatina con outra viaxe. Desta volta a iev, con Raúl Ruíz para analizar como chegou á revolución ao Dinamo de Kiev para poder competir co poderoso Shartak.

Aínda quedaban 3 ponencias para o domingo. Comezaba Francisco Sánchez, analista do Atlético de Madrid, que explicou cousas tan interesantes que para a final da Champions analizou co seu equipo preto de 5400 xogadas do Madrid, para aportarlle información ao equipo sobre características de cada xogador rival. Espectacular as ferramentas que utiliza.

Aínda quedaba outra viaxe, desta volta a Angola, para que Toni Cortés nos conte como leva unha estrutura baseada na súa experiencia en Barcelona, para a creación da privada Academia de Fútbol de Angola. Interesantísimas esas imaxes de como unha aposta deportiva pode infliur tanto na vida dos rapaces da capital angoleña, onde o fútbol é toda unha paixón.

E pechou o Congreso Carlos Inarejos, colaborador de Fútbol Táctico, falando de periodización táctica, unha charla para os máis “frikis” do auditorio.

Os inscritos poderán ver as ponencia cunhas claves a través da web de Fútbol Táctico, e os que non puideron vir o domingo e recoller os diplomas poden falar coa revista para solicitar o envío por correo.

Agradecementos

A familia de Quepasanacosta (Alberto Pose, Manuel Varela e Ubaldo Cerqueiro), así como o equipo ao completo de Fútbol Táctico (Juanjo Vila, María Vila, Roberto Lozano, Aless Cerecero, Sandra, e Héctor García) agradecen ao Concello de Carballo por facer posible este evento, a Automóbiles Dimolk por apostar pola formación e o deporte, a colaboración de Manolo Corredoira, as azafatas Soraya e Tania, aos Porteiro e compañía de Sonpress, a todos os ponentes, que se achegaron ata este curruncho da península para contar os seus saberes e, sobre todo, aos asistentes.

Máis información

Se necesitan máis información ou fotos, poden poñervos en contacto por correo electrónico en info@quepasanacosta.com ou no 637 704 893.

En ONF-OND usamos software libre