Skip to content Skip to navigation

ADC Sagrado Corazón: Xornadas de portas abertas

ADC Sagrado Corazón: Xornadas de portas abertas

A ADC Sagrado Corazón volve a abrir as portas do seu club para que nas xornadas que organizará dende o 16 de maio ao 16 de xuño calquera xogador/a se apunte a estas xornadas de forma gratuita e así coñecer a metodoloxía de traballo e como se adestra na canteira do club lucense.

Estas xornadas de portas abertas están destinadas para toda as categorías: biberón, iniciación, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. As mesmas serán gratuitas xa que dende o club consideramos que esta debe ser unha actividade de promoción do deporte de base. Trátase de que os xogadores/as disfruten dun mes de forma gratuita dos diferentes adestramentos e convivir con outros nenos/as da súa idade. Despois eles/as valorarán a posibilidade de inscribirse ou non na Escola de fútbol do Sagrado Corazón de cara a tempada 2017-2018 segundo o seu grao de satisfacción nestas probas.

Todos os interesados en poder participar nestas xornadas deberán apuntarse no club previamente chamando ao teléfono 609 86 09 62 (horario de mañá) ou acudindo ao oficina do mesmo (Campo José María Rodríguez Lago en As Gándaras) os luns, xoves ou venres de 18:00 a 20:00 horas.

En ONF-OND usamos software libre