Skip to content Skip to navigation

O Sagrado Corazón puxo fin á tempada cunha festa para todos os seus xogadores

O Sagrado puxo fin á tempada cunha festa para todos os seus xogadores.

Nunha tarde calurosa pero de diversión, a Escola lucense de fútbol puxo este mércores o punto e final á tempada 2016-2017.

Como é xa habitual nos derradeiros anos, a tarde foi totalmente deportiva con partidos entre todos os nenos que acodiron das diferentes categorías, máis de 70, e posteriormente co xa tradicional partido dos adestradores do club ante pais e familiares dos alumnos da Escola (que acabou en penaltis).

Tras o remate dos partidos e facer a gran foto de familia entre todos os protagonistas desta tarde futboleira, entregouse por parte de dous Directivos do Sagrado Corazón, Felipe González e José Flores, os diplomas a todos os participantes nesta festa fin de tempada.

Para rematar a tarde houbo sorteo de regalos con camisolas e sudadeiras do club, dous vales para cortes de pelo en Huno Peluqueros (Curros Enríquez Nº 7 – Bajo) e un xamón. Posteriormente serviuse unha gran merenda para todos os nenos do club e os seus familiares.

En ONF-OND usamos software libre