Skip to content Skip to navigation

Crónicas

Crónicas Obradoiro-CAB na Gaceta Picheleira de ONF

Crónicas:

  • Senior Liga EBA
  • Junior A
  • Junior B
  • Cadete A
  • Cadete B
  • Infantil A
  • Infantil B

SENIOR LIGA EBA: O Obradoiro Silleda cae na súa visita a Salamanca (76–58)

O pasado domingo o Obradoiro Silleda desprazouse ata Salamanca para visitar a complicada cancha do Aquimisa Carbajosa, nun encontro totalmente igualado dende o salto inicial no que os obradoiristas chegaron sen combustible a uns últimos minutos onde se saíron do encontro.

Tras un comezo moi inspirado dos xogadores do Obradoiro Silleda no que gracias a unha gran defensa lograban anotar ao contraataque e un mal comezo dos locais, os obradoiristas lograba coller as primeiras vantaxes no marcador. Pero conforme foron pasando os minutos, os locais foron asentándose e volveron a empatar o choque.

No segundo cuarto, a anotación de ambos equipos baixou notablemente. Os erros en boas posicións de tiro unido a un elevado número de perdidas fixo que a igualdade se mantivese ao descanso (30-26).

Despois do descanso os locais alcanzaban por primeira vez os dez puntos de vantaxe, pero os obradoiristas non baixaron os brazos e, con moita máis calma en ataque e un moi bo nivel defensivo, foron recuperando as súas mellores sensacións e igualaron de novo o marcador no inicio do último período.

O último cuarto continuaba marcado pola igualdade, varias canastras de mérito dos obradoiristas facía soñar coa oportunidade dunha gran vitoria, pero nos últimos dous minutos varias perdidas consecutivas levou aos visitantes a unha desesperación que provocou que o resultado final fora moito máis avultado do que marcou o encontro.

Pese ao marcador final, partido moi igualado do Obradoiro Silleda na súa visita a Salamanca, onde competiron de igual a igual ata o minuto 37, pero no que os momentos de precipitación os levou a unha nova derrota.

Os parciais por cuartos foron: 16-17, 14-9, 21-21 e 25-11.

O Obradoiro Silleda disputará o encontro aprazado da segunda xornada o próximo mércores día 15 de Novembro no pavillón municipal César González Fares de Silleda, a partir das 21:15 horas, no derbi Santiagués.

 

JUNIOR A: Gran vitoria do Obradoiro Peleteiro na súa visita a Vilagarcía (43-93)

O Obradoiro Peleteiro visitou a cancha do Sigaltec sabendo da dificultade do encontro, realizando uns moi serios corenta minutos e certificando o seu quinto triunfo neste arranque de liga.

Nos primeiros minutos os locais mantiñan unha gran velocidade no xogo e castigaban con varias penetración aos obradoiristas pero, co paso dos minutos, os visitantes eran capaces de comezar a dominar o rebote e a manter un altísimo nivel defensivo que lle permitía anotar en cómodas situacións de contraataque.

Xa no segundo e terceiro cuarto, o Obradoiro Peleteiro encontrou o seu mellor nivel de xogo: cunha asfixiante defensa e boa circulación de balón os de Santiago ían aumentando cada vez máis a diferencia no electrónico.

Pese as diferencias no marcador o Sigaltec nunca deixou de loitar, disfrutando dun gran nivel competitivo de ámbolos dous equipos ata o final do encontro.

Os parciais por cuartos foron: 16-20, 9-30, 8-24 e 10-19.

O próximo sábado, ás 10:00 horas, o Obradoiro Peleteiro recibirá no seu campo ao outro único invicto da competición e vixente campión galego, o COB, nun encontro nos que os obradoiristas tratarán de despregar o seu mellor xogo para continuar con este bo arranque de temporada.

 

JUNIOR B: O Obradoiro CAB – Cenor logra a súa primeira vitoria fronte o C.B. Noia (53-62)

No primeiro cuarto os xogadores do Obradoiro CAB - Cenor, gracias a unha agresiva defensa nas liñas de pase, conseguiron un gran número de recuperacións que acabaron en rápidos contraataques. Esta intensidade defensiva facía que os locais lograran as primeiras diferencias no marcador pese ao maior físico e altura do C.B. Noia.

No segundo parcial os locais conseguiron aumentar a súa vantaxe gracias a unha boa disciplina en ataque. Os xogadores mantiñan unha gran compenetración nos seus movementos, favorecendo as situación de 1x1 e encontrando sempre ao xogador máis liberado. Esta melloría ofensiva permitiu que o Obradoiro CAB – Cenor se afastara no electrónico, chegando ao descanso cun marcador favorable de 46-24.

Tras á reanudación, os locais non puideron manter o nivel ofensivo, entrando con demasiada precipitación e perdendo demasiados balóns. Sen embargo, a pesar dese mal momento en ataque, os obradoiristas mantiveron a súa garra e nivel defensivo para pechar unha gran vitoria por un 69-46.

A próxima fin de semana o Obradoiro CAB – Cenor visitará a pista do C.B. Ribeira.

 

CADETE A: O Cenor Obradoiro cae na súa visita ante Maristas Coruña nun axustadísimo partido (62-61)

O sábado ás 18:00 horas xogouse no pavillón do colexio Maristas de A Coruña, o partido pola xornada 4 da fase norte da Liga Galega onde Maristas recibía ao Cenor Obradoiro CAB.

O partido empezou moi disputado, onde as defensas eran moi intensas e obrigaban a ambos a traballar moito en ataque. Tras superar en presión defensiva a toda pista, o Obradoiro podía abrir diferenza no marcador e íase ao descanso con catro puntos de vantaxe (28-32).

A segunda parte, os visitantes conseguían impoñer o ritmo de xogo e chegaban a conseguir unha renda de nove puntos, pero unha mala xestión na saída de presión concedía canastras fáciles para os locais, que igualaban o encontro.

O último cuarto, con todo por decidirse, o acerto estivo ao lado dos locais que con tres triplos nese período igualaban e collían a diferenza de dous puntos.

No último ataque para empatar o partido, os do Obra recibiron falta pero non conseguiron meter ambos tiros libres para forzar prorróga.

Partido que podería caer para calquera dos dous equipos, moi disputado, onde o esforzo dos obradoiristas foi intachable, que serve para corrixir algúns erros e pensar en seguir traballando con esa dinámica e actitude, que os resultados chegarán.

Os parciais de cuartos foron 16-18, 12-14, 13-15 e 21-14.

O próximo partido o Cenor Obradoiro recibirá ao Sigaltec en Lorenzo La Torre, o sábado 18, ás 18:00 horas.

 

CADETE B: Nova xornada do Obradoiro CAB – Cenor na súa visita a La Salle (37-54)

O segundo encontro da tempada para Obradoiro CAB –Cenor tivo lugar no colexio de La Salle o domingo 13 de Novembro, partido que se saldou cun 37-54 favorable aos visitantes.

Durante os primeiros minutos ambos equipos acumularon demasiados erros na defensa do un contra un. Só a falta de precisión e as pérdidas en transición evitaron o parcial avultado, 8-12 e 11-12 nos dous primeiros cuartos.

Tras o paso polos vestiarios, os visitantes conseguiron aumentar esa vantaxe de 5 puntos cunha boa defensa no terceiro cuarto, alternando minutos de defensa individual con algunha zona en xogadas asiladas. O Obradoiro conseguiu frear o ritmo rival deixando un 7-16 en dito cuarto. De novo no último volveron a estar case parellos ambos equipos fechando o partido con un 11-14 que lles servía aos visitantes para manter a súa vantaxe.

Segunda vitoria da tempada que permite manter a boa liña de traballo e a motivación do equipo.

 

INFANTIL A: O Cenor – Obradoiro CAB vence e convence fronte o Basquet Coruña (73-53)

Os locais dominaron dende o inicio tódalas facetas do xogo, amosándose superiores ao seu rival. Os obradoiristas anotaban con facilidade no primeiro cuarto, aproveitando as súas vantaxes para obter as primeiras diferencias no marcador. Os coruñeses trocaron de defensa, pero a boa lectura dos locais, e a súa fortaleza defensiva aumentaba as vantaxes no electrónico, chegando ao descanso dezaseis puntos por riba.

Tralo paso por vestiarios, os visitantes trataron de precipitalo ataque local cunha presión moito máis agresiva. Pero os obradoiristas atacaban con criterio e orde, non deixándose sorprender e consolidando unha gran vitoria.

Deste xeito o Cenor – Obradoiro CAB recuperan as boas sensacións.

Os parciais por cuartos foron: 20-11, 19-12, 14-14 e 20-16.

A vindeira xornada os obradoiristas visitarán o domingo as 12:00 horas o campo do Narón.

 

INFANTIL B: O Obradoiro CAB – Cenor logra unha gran vitoria na súa visita a Fontiñas (20-70)

 

Clara vitoria do Obradoiro CAB - Cenor na súa visita ao ADB Fontiñas. No arrinque do encontro os obradoirisas entraron demasiado fríos, pero pouco a pouco foron impoñendo o seu ritmo de xogo para, xa no segundo cuarto pasar a dominar o partido. Boa progresión do Obradoiro CAB Cenor que continúa na súa liña ascendente semana tras semana.

En ONF-OND usamos software libre