Skip to content Skip to navigation

Crónicas

Obradoiro CAB
  • Senior Liga EBA
  • Junior A
  • Cadete A
  • Cadete B
  • Infantil A

SENIOR LIGA EBA: O Obradoiro Silleda cae con contundencia na súa visita a Gijón (83-63)

O Obradoiro Silleda chegaba a Gijón moi mermado polas ausencias o que, unido a un moi mal arranque do encontro, fixo imposible competir contra un gran conxunto.

Dende o inicio o Gijón Basket saíu a pista cas ideas moi claras, castigando as pérdidas de balón dos visitantes e mantendo unha moi boa porcentaxe de tiro. Co paso dos minutos parecía que os obradoiristas querían pelexar máis o encontro, pero o gran nivel de xogo mostrado polos asturianos facía imposible que puideran recuperar a diferenza do inicio do partido.

Xa nos últimos dez minutos, o Obradoiro Silleda tirou de corazón para reducir as diferenzas e maquillar algo o resultado. Pese a todo, dura derrota do Obradoiro Silleda en Gijón, da que terán que quedarse cos últimos minutos e tratar de recuperar efectivos para volver a competir a próxima xornada.

Os parciais por cuartos foron: 28-12, 17-12, 22-13 e 16-26.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Silleda recibirá na súa casa o domingo, ás 18:00 horas, ao Santo Domingo de Betanzos.

JUNIOR A: O Obradoiro Peleteiro logra unha traballada vitoria na pista do Estudiantes de Lugo (87-89)

O pasado sábado, as 16:00 horas, medíanse no Anexo do Pazo dos deportes de Lugo dous dos equipos punteiros da competición, na visita do Obradoiro Peleteiro a Lugo.

Un encontro que estivo marcado pola igualdade en todo momento e no que os obradoiristas lograron traer para Santiago unha importante vitoria que os mantén no alto da clasificación.

O encontro comezaba con claro dominio local. Os continuos cambios defensivos dos lucenses e o gran número de faltas persoais castigaban aos visitantes. Pouco a pouco, co paso dos minutos, os obradoiristas foron entrando en partido, o seu bo traballo defensivo e unha mellor toma de decisións lograban apretar de novo o electrónico.

No segundo parcial, o Obradoiro Peleteiro comezou a encontrar mellores situacións de tiro o que, unido ao control baixo os taboleiros, permitíalles irse ao descanso cunha vantaxe mínima.

Á volta de vestiarios a igualdade mantívose durante o terceiro cuarto, ata que a mediados do último cuarto os obradoiristas eran capaces de lograr grandes minutos de xogo e lograban unha importante renda de nove puntos. Sen embargo os lucenses non se deron por vencidos e, a través de varias malas decisións dos visitantes, volvían a ter oportunidades de igualar o choque.

Finalmente o Obradoiro Peleteiro xestionou mellor as últimas posesións e certificaba unha nova vitoria dende a liña de persoal.

Os parciais por cuartos foron: 22-18, 19-24, 25-24 e 21-23.

O Obradoiro Peleteiro recibirá en Montouto o sábado, ás 10:00 horas, ao Compañía de María.

CADETE A: O Cenor Obradoiro cae como local ante o Rosalía nun partido moi disputado ata o final (72-78)

O sábado ás 18:00 horas, no pavillón Lorenzo de La Torre disputábase a sexta xornada da Fase Norte da liga galega cadete entre o Cenor Obradoiro e o Instituto Rosalía.

O partido empezaba cun alto ritmo de xogo por parte dos visitantes que collían por sorpresa aos obradoiristas que saían ao campo algo despistados e, a base de dominar o rebote defensivo e correr o campo, collían unha distancia de nove puntos no marcador no final do primeiro cuarto (9-20). No segundo cuarto, os locais eran capaces de subir a intensidade defensiva, mellorar o ritmo de xogo e o balance defensivo, e así conseguían meterse no partido chegando ao descanso do mesmo empatados no marcador (31-31).

A segunda parte foi moi igualada, con defensas agresivas sobre o balón, boas accións de ataque por parte dos dous equipos, onde os locais chegaban ao último minuto do partido cunha diferenza de 4 puntos ao seu favor, que descontaban aos colexiais cunha acción de ataque rápido e a falta de 4 segundos empataban o partido con tiros libres para forzar a prórroga (67-67).

Na prórroga, o acerto estivo do lado dos visitantes que conseguían encestar tres triplos e levaban a vitoria nun gran partido de baloncesto disputado por ambos equipos.

Os parciais de cuartos foron: 9-20, 22-11, 17-22, 19-14 e 5-11.

O próximo partido, o Centro Obradoiro viaxará a xogar a Ferrol, o sábado, ás 12:00 horas, na última data da primeira volta.

CADETE B: Terceira vitoria do Obradoiro CAB – Cenor ante o Elidente C.B. Rianxo (73-24)

O partido aprazado que correspondía á xornada 2 finalmente tivo lugar este 26 de novembro no pavillón Lorenzo de La Torre, onde os locais remataron por impoñerse por 73-24.

Tras un bo primeiro cuarto de ambos equipos, cun ritmo alto nas transicións, o marcador reflexaba un 18-11 para o Obradoiro CAB – Cenor. No segundo ambos equipos sumaron máis erros por malas decisións en ataque e falta de orde nos ataques estáticos. Aínda así, os de David Arias puideron seguir aumentando a súa vantaxe gracias a varios roubos que finalizaron en contraataques sen oposición, para deixar esta vez un 12-6.

Tras volver dos vestiarios, o equipo local subiu o seu nivel de presión sobre as liñas de pase rivais dificultando moito o xogo ao seu rival e comezou a ler mellor as situacións de vantaxe en ataque estático. Isto permitiulles endosar un parcial de 24-2 que remataría de decantar o encontro. Sabendo manter o nivel defensivo nos últimos dez minutos, o derradeiro tanteo sería de 19-5 para os locais de novo.

Partido que mantén invicto ao Obradoiro CAB – Cenor antes de visitar ao Parrillada A Nosa Ría CBPS a próxima fin de semana correspondente á xornada 6 e xogar o outro encontro aprazado ante Rosalía Fedesa.

INFANTIL A: O Cenor Obradoiro CAB cae fronte o Instituto Rosalía nun disputado encontro (58-71)

Os obradoiristas perden nun encontro no que dominaron facetas do xogo pero no que botaron en falta máis acerto de cara ao aro.

No primeiro cuarto, os locais dominaron o xogo, pero a continua falta de acerto facía que o marcador se mantivera igualado o final dos primeiros dez minutos.

O segundo período (o único que perderon os locais) marcou o encontro. Un baixón dos obradoiristas facilitou un claro parcial de 9-26 para os colexiais, que facía case imposible a remontada.

Malia a desvantaxe, o Cenor Obradoiro CAB non baixou os brazos e nunca perdeu a cara do encontro. Soamente a falta de acerto e algún despiste defensivo lles impediu apretar máis o marcador.

Os parciais por cuartos foron: 13-12, 9-26, 19-16 e 17-17.

 

A vindeira xornada depara un Cenor Obradoiro CAB vs Peleteiro o sábado, ás 12:00 horas, no pavillón Lorenzo de la Torre.

En ONF-OND usamos software libre