Skip to content Skip to navigation

Crónicas

Obradoiro-CAB na Gaceta Picheleira de ONF

Crónica:

 

  • Senior Liga EBA
  • Junior A
  • Junior B
  • Cadete A
  • Cadete B
  • Infantil A
  • Infantil B

SENIOR LIGA EBA: O Obradoiro Silleda cae na casa contra o Santo Domingo Betanzos (66-60)

O partido comezou cun equipo visitante moi motivado, facendo unha dura defensa, cunha gran presión na liña de pase e afogando ao equipo local en ataque. Mentres, os locais non lograban frear os continuos 1x1 do Betanzos que tanto dende posicións exteriores coma interiores eran capaces de obter vantaxes que castigaban aos locais gracias unha boa circulación de balón. Pouco a pouco os obradoiristas foron aumentando o seu nivel defensivo e obtendo cada vez máis situacións cómodas a campo aberto para reducir a vantaxes e finalizar a primeira metade, pese a todo, soamente sete puntos por debaixo no marcador.

Tras o descanso, o equipo local estivo moito máis metido no encontro e comezaron a mellorar o seu traballo nas liñas de pase e nas súas rotacións defensivas. Con esta melloría, o Obradoiro Silleda comezou a encontrarse máis cómodo, recortando as diferencias para poñerse en varias ocasións a tan só tres puntos no electrónico.

Sen embargo, cada vez que os locais parecían estar a piques de remontar o partido, os de Betanzos eran capaces de castigar a través de seu rebote ofensivo ou con algún triple liberado. Deste xeito, con tan só tres minutos por xogar os locais parecían capacitados para darlle a volta ao encontro, pero un contraataque mal finalizado unido a un novo lanzamento visitante, pechaban definitivamente unha merecida vitoria para o Santo Domingo Betanzos.

Os parciais por cuartos foron: 13-20, 18-18, 16-21 e 19-21.

O próximo partido o Obradoiro Silleda visita a pista do Líder, o Marín Peixe Galego, o próximo mércores 6 de Decembro as 20:00 horas.

JUNIOR A: O Obradoiro Peleteiro segue co seu bo momento e logra a súa octava vitoria (89-24)

O encontro comezaba cun gran ritmo por parte dos locais que, nos primeiros minutos, deixaban mostra da súa capacidade defensiva. Este ritmo de xogo facía que o Compañía de María non se sentise cómodo en ningún momento e o marcador reflexará moi cedo amplías diferenzas para os locais.

Pese a diferenza entre ambos equipos o encontro serviu para que ambos conxuntos puideran probar opcións de xogo diferentes que de seguro lles servirá aos dous nos próximos encontros.

Na segunda parte a tónica do encontro non cambiou. Os locais mantiñan o seu rigor defensivo a pesar de buscar novas estratexias e os visitantes non baixaron os brazos en ningún momento ata o último ataque. Finalmente clara vitoria do Obradoiro Peleteiro por 89-24 que deberá de seguir traballando duro para manter esta boa dinámica.

Os parciais por cuartos foron: 35-5, 19-7, 15-4 e 20-8.

A próxima xornada disputarase a fin de semana do 16 de Decembro, polo que o Obradoiro Peleteiro terá dúas semanas para tratar de continuar traballando para rematar a primeira volta da mellor forma posible.

JUNIOR B: O Obradoiro CAB Cenor cae no seu campo fronte ao Peleteiro (40-71)

Nos primeiros minutos do encontro, o Obradoiro CAB Cenor entrou cun gran ritmo de xogo, logrando varias canastras ao contraataque gracias a súa boa presión en liñas de pase. Sen embargo, co paso dos minutos, os problemas no rebote defensivo, unido á acumulación de faltas persoais, fixeron que os visitantes lograran finalizar o cuarto cunha lixeira vantaxe no marcador.

No segundo cuarto, os obradoiristas continuaban agarrándose ao encontro gracias a súa defensa, sen embargo os continuos problemas no rebote defensivo facían imposible que se puideran acercar máis no marcador.

Xa á volta do descanso os visitantes rompían definitivamente o encontro. A intensidade dos locais unida á baixa porcentaxe dos obradoiristas en situacións claras fixo que a diferenza fora cada vez a máis, acabando o encontro cun marcador de 33-50 para Peleteiro.

Os parciais por cuartos foron: 16-19, 7-12, 10-19 e 7-21.

A próximo fin de semana o equipo terá xornada de descanso, volvendo a competición o fin de semana do 16 de Decembro.

CADETE A: O Cenor Obradoiro CAB gaña na súa visita en Ferrol pese a un discreto encontro (45-52)

O sábado, as 12:00 horas no pavillón de Esteiro en Ferrol, xogábase a sétima e última xornada da primeira volta da fase norte da liga galega cadete masculina. O encontro comezaba con boas acción para o Basket Ferrol, que empezaba mandando no electrónico pero, pouco a pouco, os obradoiristas impoñían o seu ritmo de xogo e melloraban defensivamente, índose ao descanso por riba no marcador.

Tras o paso polos vestiarios, os obradoiristas ensinaron a súa peor cara no que vai de temporada, caendo en numerosas pérdidas de balón e sen a súa habitual intensidade defensiva. Deste xeito encaixaban un severo parcial que deixaba todo por decidir no último cuarto. Nestes definitivos dez minutos, o Cenor Obradoiro CAB soubo recompoñerse, atacar máis agresivo á canastra dos ferroláns, e a falta de un minuto para o final collían unha renda de cinco puntos que pechaba o encontro.

Os parciais por cuartos foron 11-19, 8-11, 15-2 e 12-20.

Na próxima xornada, os obradoiristas visitarán ao Estudiantes de Lugo, o domingo 17 de Decembro as 12:00 horas.

CADETE B: Vitoria do Obradoiro CAB – Cenor no partido aprazado da xornada 3 ante o Rosalía Fedesa (64-10)

Cuarta vitoria da tempada para Obradoiro CAB –Cenor, esta vez no pavillón Lorenzo de La Torre, cun resultado de 64-10.

Os locais marcaron as diferencias dende o primeiro cuarto en defensa onde non concederon ningún punto en contra. O encontro seguiría a mesma liña nos dez seguintes minutos onde so concederían dous triples afastados.

No segundo período, o Obradoiro CAB – Cenor freou o ritmo do partido, probando e mellorando novos recursos ofensivos pero mantendo o control do partido. Con rotacións máis curtas do normal, sabedores de que ao día seguinte volvían ter partido, este pertencente a xornada 6.

Partido que permite acadar máis confianza no seu xogo ao Obradoiro CAB – Cenor antes do parón da competición do próximo fin de semana.

INFANTIL A: O Cenor Obradoiro CAB cae fronte o Peleteiro (57-62)

O Cenor Obradoiro CAB segue amosando a súa melloría, malia que desta vez non foi quen de materializala en vitoria. Os obradoiristas perderon fronte ao Peleteiro nun encontro disputado e cheo de alternativas.

Os locais mostráronse sólidos e activos en defensa, malia que tiñan serios problemas para anotar, chegándose ao descanso cun axustado 23-25.

No terceiro cuarto os obradoirstas foron moi superiores aos visitantes, alcanzando rendas de 7-9 puntos, pero sen lograr acabar de romper o encontro.

Sen embargo, o Peleteiro aproveitou o seu físico para anotar en contraataque e a través do rebote ofensivo, acadando a escapada que lle daría finalmente a vitoria.

A próximo fin de semana o equipo infantil do Obradoiro competirá na Mini Copa da Liga ACB, antes de retomar a 1ª División Galega o vindeiro 16 de Decembro.

INFANTIL B: Clara vitoria do Obradoiro CAB Cenor fronte ao La Salle (68-38)

O pasado domingo, ás 10:00 horas, o Obradoiro CAB Cenor recibía no pavillón Lorenzo de la Torre ao La Salle, nun encontro no que os locais mantiveron un gran nivel defensivo durante os corenta minutos.

Este traballo defensivo chegou a afogar por momentos aos visitantes, sen permitirlles xogar con comodidade en ningún instante. Esta vitoria supón a cuarta consecutiva para o Obradoiro CAB Cenor, que lles serve para manter unha boa dinámica de traballo que se reflexa nos resultados dos partidos.

 

Na derradeira xornada antes de despedir o ano, os obradoiristas visitaran dentro de dúas semanas ao Porto do Son.

En ONF-OND usamos software libre