Skip to content Skip to navigation

Crónicas Obradoiro-CAB

Crónicas Obradoiro-CAB

SENIOR LIGA EBA: O Obradoiro Silleda vence na casa ao ULE Ingenova Fundación C.B. León (81-65)

O partido comezou de forma irregular por parte do equipo local, que unían boas accións de xogo pero cun baixo nivel de intensidade na defensa. Deste xeito, o Obradoiro Silleda concedía demasiadas oportunidades en forma de perdas de balón a un Fundación C.B. León que soubo aproveitalo para irse ao final do primeiro cuarto cunha lixeira vantaxe.

As intermitencias mantivéronse no segundo cuarto, no que ambos equipos deron mostras do mellor e do peor. A corta idade de ambos planteis fixo que estos segundos dez minutos foran un continúo intercambio de parciais, do que o Obradoiro Silleda lograría sacar unha pequena vantaxe de catro puntos antes do descanso. 

Tras o paso por vestiarios e despois duns cinco primeiros minutos cheos de alternativas, os locais foron capaces de aumentar o seu nivel defensivo e compartir moito máis o balón. Así, aumentaron o número de tiros liberados e puideron encontrar un gran acerto dende a liña de tres puntos, que lles permitía abrir distancia no marcador.

Nos últimos dez minutos, o ritmo de xogo aumentou considerablemente. Os visitantes trataron de cortar a anotación local alternando diferentes defensas zonais cunha defensa individual, pero de novo o acerto exterior unido ao dominio do rebote ofensivo, deulle ao Obradoiro Silleda a vitoria.

Os parciais por cuartos foron: 16-20, 23-15, 13-9 e 29-21

Con este triunfo, o Obradoiro Silleda logra seguir pelexando para evitar os postos de descenso, e mantense na decima posición, empatado con 5 vitorias e 8 derrotas co C.B. Culleredo e co Instituto Rosalía de Castro.

Na última xornada do 2017, o Obradoiro Silleda visitará a pista do Estudiantes de Lugo, o próximo domingo 17, ás 19:00 horas.

En ONF-OND usamos software libre