Skip to content Skip to navigation

Curso de Monitor de Fútbol Base en Rois

Presentación do Curso de Monitor de Fútbol Base de Rois

O próximo martes día 28/11/2017 ponse en marcha o curso de monitor de fútbol base en Rois.

A Escola de Adestradores da RFGF impartirá un novo curso de Monitor de Fútbol Base, nesta ocasión na localidade coruñesa de Rois. O curso foi presentado nun acto no que participaron o director da Escola, Manu Mosquera; o alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens; o presidente do C.D. Rois, Ramón Carou Gómez, e o directivo do club José García Pérez. As clases desenvolveranse entre os días 28 de novembro e 16 de decembro, cun horario entre semana de 20:00 a 23:00 horas e os sábados e festivos de 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas. A sala de xuntas do Edificio Multiusos de Rois acollerá as clases teóricas, mentres que o campo da Braña será o escenario das clases prácticas. O curso de Monitor de Fútbol Base ten unha carga lectiva de 65 horas.

  • O prezo total do curso é de 150 euros.
  • Ofértanse un máximo de 35 prazas, que serán asignadas por orde de inscrición.
  • A matrícula, que xa está aberta, pode facerse a través da páxina web www.futgal.es

En ONF-OND usamos software libre