Viernes 1 de julio de 2022 - Año 9 - Semana 26
SÁBADO 2 DE XUÑO
O sábado participamos no "XV Trofeo Cidade Da Coruña" celebrado en Riazor, onde o club reflexou o gran traballo desta tempada. Todas as e os participantes conseguiron colocarse entre os tres primeiros postos.
Lois Castro, Cloe Deus e os conxuntos prebenxamín e benxamín estiveron no "I Torneo de Cambados" gozando dunha gran xornada de rítmica.
Deixámosvos os resultados:
DOMINGO 3 DE XUÑO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR
CAMPIOAS E SUBCAMPIOAS GALEGAS!!
O domingo 3 de xuño celebrouse en Marín o "Campionato Galego XOGADE", onde o Club Viravolta clasificou a 3 conxuntos.
Os tres conxuntos clasificados do club conseguiron emocionarnos realizando os seus mellores pases da tempada.
O conxunto prebenxamín formado por Aitana, Erea, Sofía, Andrea e Julia proclámanse campioas galegas!
O conxunto benxamín formado por María, Lorena, Nadia, Mariña e Cloe proclámanse subcampioas galegas!
O conxunto alevín formado por Alex, Emma, Inés, Naiara e Carmen consiguen a cuarta praza dos 31 mellores conxuntos galegos e na categoría con máis nivel do campionato.