Skip to content Skip to navigation

Crónicas Obradoiro-CAB

Obradoiro-CAB na Gaceta Picheleira de ONF

Senior Liga EBA

SENIOR LIGA EBA: O Obradoiro Silleda comeza o ano cunha importante vitoria fronte o Baloncesto Narón (73-67)

Ambos conxuntos saíron a pista con certa sensación de nerviosismo, provocada pola importancia do encontro e o bo nivel defensivo de ambos planteis. Deste xeito, o dominio do xogo foi mudando nestes primeiros dez minutos, no que os visitantes castigaban cun gran porcentaxe no lanzamento de tres puntos.

No segundo cuarto, o equipo local aumentou o seu nivel defensivo e, gracias ás boas axudas e a un xogo máis sosegado en ataque, comezaron a atopar mellores opción de tiro. Pero pese ao bo traballo do Obradoiro Silleda, os visitantes seguían a facer dano con continuas penetracións e, con varias canastras de mérito, chegaban ao descanso cunha lixeira renda no marcador (36-41).

Á volta de vestiarios o partido empezou con demasiados alternancias que aproveitaría o Baloncesto Narón para lograr escaparse no marcador ata doce puntos. Pero o equipo local non baixou os brazos en ningún momento e seguiu crendo na estratexia do partido, gracias ao cal conseguiron volver de novo ao encontro.

Entrabase no último cuarto co Baloncesto Narón oito puntos por riba no marcador, pero cun Obradoiro Silleda con moi boas sensacións. Tanto era así que dende o primeiro momento os locais incrementaron o ritmo do partido e o seu nivel defensivo, freando por fin o xogo interior visitante e logrando moitas situacións de contraataque que lles permitía lograr unha vantaxe de seis puntos que xa non abandonarían ata o final do partido.

Finalmente importante vitoria para o Obradoiro Silleda por un 73-67 final, que o permite rematar a primeira volta na loita por saír dos postos de descenso.

Os parciais por cuartos foron: 16-21, 20-20, 17-20 e 20-6.

O próximo domingo as 18:00 horas o Obradoiro Silleda volverá a xogar no pavillón César González Fares de Silleda, de novo contra un rival directo, está vez ante o Club baloncesto Ourense co que están empatados na clasificación con seis vitorias.

En ONF-OND usamos software libre