Skip to content Skip to navigation

Aberta a inscrición para as categorías inferiores da SD Compostela

Nota de prensa Oficial
Aberta a inscrición para as categorías inferiores da SD CompostelaAberta a inscrición para as categorías inferiores da SD Compostela

A SD Compostela comeza xa a preparar a tempada próxima para as categorías inferiores. 

O club ten aberto xa o prazo para a inscrición de novos xogadores de cara ao próximo curso, no que obxectivo será dar un salto cualitativo no seu proxecto.

Coordinado por Víctor Pazos, nova persoa encargada para este importante labor, a entidade quere asentar un proxecto sólido, que dispoña de todas as categorías e que conte cun gran capital de xogadores. Así o deixou claro Víctor, tanto na entrevista que lle fixeron esta semana, como no seu discurso de presentación no evento da canteira que a SD Compostela organizou o pasado venres no Hotel Oca Porta do Camiño.

Os obxectivos principais pasan por dispoñer dun equipo biberón, o cal se estreou este curso, adestrando toda a tempada, crear o Prebenxamín, alimentar de xogadores a todas as categorías e, por último, tentar que os equipos de fútbol 11 ascendan ás ligas máis destacadas.

Para iso, a entidade dá este primeiro paso co que buscan captar aos mozos xogadores santiagueses, deixando claro que o primordial a estas alturas é a educación en torno ao deporte, ensinándolles aos pequenos uns bos valores formativos, á vez que se divirten practicando a súa actividade favorita, o fútbol. Todo iso sumarase a un gran coidado polos estudos, tendo claro que a práctica futbolística ten que acompañarse dun bo rendemento académico.

Víctor e a SD Compostela queren afianzar as bases dun gran proxecto para a entidade branquiazul.

Será un traballo longo, no que se primará a paciencia, pero o club dará ese salto nas súas categorías de formación, necesario para un próspero futuro.

Logos Software Libre utilizado