Skip to content Skip to navigation

Catro vitorias e tres empates nunha xornada positiva

Momento do partido do Alevín A contra o Atlético Fátima.

 

O Alevín A lidera o seu playoff tras sumar o seu segundo triunfo noutras tantas xornadas.

Momento do partido do xuvenil nacional contra o Arosa SC
Momento do partido do xuvenil nacional contra o Arosa SC

O balance da fin de semana nas categorías inferiores da SD Compostela foi bastante positivo. Catro dos seus equipos lograron a vitoria, con especial mención ao Alevín A que lidera o seu playoff de descenso, outros tres empataron os seus encontros, mentres que dous foron derrotados nos seus duelos.

En primeiro lugar, o filial logrou romper a súa mala sorte das últimas semanas e conseguiu superar ao La Salle por 3-1. O Zona Vella foi moi superior durante todo o encontro e Jorge Pazos, Javier Losada e Jorge Lorenzo foron os encargados de perpetralo no marcador final.

En categoría xuvenil, o Nacional volveu sumar tras a derrota da xornada anterior. Os branquiazuis dirixidos por Marcos Donnici empataron a un tanto na dura visita ao campo do Arosa SC. Marcos Mella adiantou aos santiagueses no primeiro acto, pero os locais empataron na segunda desde o punto de penalti. Este punto serve ao equipo para manter a oitava praza.

Pola súa banda, o xuvenil B ascendeu tamén ao oitavo posto despois de sumar o seu segundo triunfo consecutivo de local. Esta vez gañaron ante o EF Lalín por 3-0, grazas aos tantos de Schadrac Lonji, no primeiro acto, e o dobrete de Brais Loureiro, no segundo.

En cadetes, o Compos empatou a un gol no complicado duelo de visitantes contra o Bertamiráns. Os aurinegros adiantáronse no marcador, pero un tanto de Mario Galo no minuto 79 serviu para que os nosos levasen un punto.

En canto aos infantís, o A empatou a un tanto contra o Santiago, rival que o precede na táboa e do que segue separado por tan só tres puntos. Mentres, o B superou ao Bertamiráns por 2-4, remontando o dous a cero inicial, e segue en terceira posición, aínda que a tan só dous puntos do líder e con seis de vantaxe sobre o rival deste sábado.

Descendendo aos alevíns, o A gañou e suma seis de seis no playoff de descenso. Os branquiazuis superaron ao Atlético Fátima, rival que tamén gañara o primeiro duelo, por un claro 5-0. Polo seu lado, o B perdeu contra o Santiago, nun partido no que notaron a escaseza de efectivos.

Por último, o Benxamín tamén caeu no seu duelo no playoff contra o CD Conxo por 9-4 e segue con cero puntos.

En ONF-OND usamos software libre