Skip to content Skip to navigation

Crónicas Obradoiro-CAB

Nota de prensa Oficial
Obradoiro-CAB na Gaceta Picheleira de ONF
  • SENIOR LIGA EBA
  • JUNIOR A
  • JUNIOR B
  • CADETE A
  • CADETE B
  • INFANTIL A
  • INFANTIL B

SENIOR LIGA EBA: O Obradoiro Silleda cae nun final igualado en Culleredo (62-61)

A pasada fin de semana, o Obradoiro Silleda visitaba a pista do Culleredo nun encontro entre dous rivais directos para evitar o descenso.

Comezaba o encontro con ataques moi curtos por parte dos obradoiristas, feito que aproveitaban o locais para ir logrando as primeiras vantaxes no marcador. Co paso dos minutos, tras un tempo morto e varios axustes, o equipo visitante logrou meterse de novo no partido, pero o dominio no rebote do C.B. Culleredo dificultaba a remontada visitante. 

Sen embargo, a defensa do Obradoiro Silleda seguía subindo o seu nivel, permitindo varias canastras fáciles ao contraataque que lles facía irse ao descanso cun 38-39 ao seu favor.

Tras o paso polos vestiarios, os obradoiristas continuaron mostrando unha gran versión, cunha boa circulación de balón e un gran traballo defensivo que lles daba unha renda de doce puntos a falta de quince minutos para acabar o partido. Pero nese momento, os locais cambiaron de estratexia, aferráronse a unha pechada defensa zonal e invitaron ao Obradoiro Silleda ao tiro exterior, e nesta vez saíulles cara.

Pouco a pouco o C.B. Culleredo lograba reducir as diferenzas, ata darlle a volta ao encontro con dúas canastras máis adicional nos últimos minutos.

Despois de continuos intercambios de vantaxes, chegabamos aos últimos instantes coa máxima igualdade. Varios desacertos dos visitantes dáballe aos locais unha renda de tres puntos a falta de doce segundos, pero dúas grandes defensas do Obradoiro Silleda permitíalles poñerse a tan só un punto e dispoñer dun último lanzamento liberado que estivo a piques de darlles o triunfo. 

Os parciais por cuartos foron: 22-18, 16-21, 12-15 e 12-7.

A próxima xornada, o Obradoiro Silleda recibirá o domingo, ás 18:00 horas, no pavillón César González Fares de Silleda, ao Residencia las Encinas de Ponferrada.

JUNIOR A: O Obradoiro Peleteiro mantén o ritmo na súa visita a Cambados (53-104)

A pasado sábado, ás 12:00 horas o Obradoiro Peleteiro visitaba O Pombal nun encontro no que se comezaban a recuperar a varios lesionados que non puideran participar nas últimas xornadas.

Co arranque do encontro os locais mostraban moita verticalidade de cara ao aro, castigando con varias faltas persoais aos obradoiristas. Pero tras dous minutos de partido, e un tempo morto dos visitantes, o Obradoiro Peleteiro comezou a mostrar un gran nivel defensivo sobre o que afianzar o seu xogo.

Unha forte presión a todo campo no primeiro cuarto, seguido dun gran traballo de 1x1 a media pista no segundo parcial, permitían aos obradoiristas chegar ao descanso cunha cómoda diferenza no electrónico.

No inicio da segunda metade, o Obradoiro Peleteiro mantivo o nivel defensivo e foi castigando cada vez mellor as vantaxes producidas nos cambios defensivos dos locais. Xa no último período ambos equipos aproveitaron estes derradeiros minutos para probar diferentes situacións e seguir crecendo de cara ao futuro. Deste xeito, e cunha amplía rotación, os obradoiristas continuaron mellorando no seu xogo e pecharon unha nova vitoria por un 53-104 final.

Os parciais por cuartos foron: 13-25, 13-25, 9-35 e 18-19.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Peleteiro recibirá en Montouto ao Bosco Salesianos o sábado a partir das 18:00 horas.

JUNIOR B: O Obradoiro CAB Cenor cae na súa visita a Milladoiro (49-30)

O pasado domingo, ás 19:00 horas, o Obradoiro CAB Cenor visitaba o pavillón municipal de Milladoiro para medirse ao Basket Ames.

No primeiro cuarto, os visitantes non lograron mostrar un bo nivel defensivo, con demasiados erros na defensa do 1x1 o que, unido a baixos porcentaxes en boas posicións de tiro, permitía aos locais lograr as primeiras vantaxes.

Sen embargo, a partir do inicio do segundo cuarto, a defensa obradoiristas deu un salto en intensidade, logrando baixar o ritmo de anotación do Basquet Ames e volvendo a pelexar o encontro.  O Obradoiro CAB Cenor seguía a traballar no terceiro período, pero os continuos problemas ofensivos facían que fose imposible reducir as diferenzas no marcador.

Nos últimos dez minutos, a pesar da diferenza, os obradoiristas realizaron o seu mellor xogo. Un moi bo cuarto de todo o equipo que debe de servir para seguir crecendo e afrontar o próximo partido con boas sensacións.

Os parciais por cuartos foron: 18-7, 13-9, 12-6 e 6-8.

CADETE A: O Cenor Obradoiro gaña a domicilio ao Sigaltec de  Vilagarcía nun bo partido de todo o equipo (36-64)

Na fría mañá do sábado, ás 10 horas, xogábase no pavillón de  Fontecarmoa, en Vilagarcía de Arousa, o partido correspondente á duodécima xornada da liga galega cadete fase norte, entre o  Sigaltec e o Cenor Obradoiro.

O partido comezaba xa desde os primeiros minutos cun Cenor Obradoiro moi concentrado e intenso e aos poucos xa comezaba a abrir distancias no marcador.

O equipo local non se achicaba nin lle perdía a cara ao partido e a base dun xogo directo cara a canastra eran capaces de abrir brecha na defensa obradoirista, recortando distancias para chegar ao descanso cun 26-34 no marcador.

Na segunda parte, os obradoiristas saíron máis intensos, imprimiron un ritmo máis alto de partido e atopaban camiños á canastra con boa circulación e trato do balón contra a defensa de presión ao balón do Sigaltec. Así continuaron dominando o encontro para levar a vitoria con gran esforzo e achega de todo o equipo.

Os parciais de cuarto foron: 13-22, 13-12, 6-21 e 4-9.

O próximo partido o Centro Obradoiro visitará ao Instituto Rosalía, o xoves 8, ás 20 horas, no pavillón dos colexiais, por un punto importante para levar á segunda fase, tendo asegurada matematicamente a clasificación á devandita fase ambos os equipos.

CADETE B: Vitoria do Obradoiro CAB Cenor ante o La Salle (68-45)

O partido tivo lugar no pavillón Lorenzo de la Torre e rematou cun 68-45 a favor dos locais.

Os primeiros minutos estiveron marcados por un ritmo moi elevado con malas porcentaxes nas transicións ofensivas sen oposición. Se ben é verdade que o Obradoiro non realizou un bo balance defensivo tras os seus erros, o desacerto maior do seu rival permitiulle finalizar cunha vantaxe de 16-5 no primeiro cuarto. 

No segundo cuarto, os locais sumaron ao mal balance momentos de desconexión defensiva que farían que o La Salle se fose vivo ao descanso a só 9 puntos tras un 13-15.

Como leva a acontecer en case toda a temporada, o Obradoiro saíu máis centrado en defensa e con maior atino no terceiro cuarto, deixando un parcial de 21-6 que case sentenciaba o partido. Pese a isto, o último cuarto volveu a ser para os visitantes cun 18-19 que deixaba aínda máis claro o mal partido defensivo dos de David Arias.

Pese ás dubidas que podería xurdir sobre a defensa tras este partido, a parte positiva é que o Obradoiro CAB – Cenor suma unha nova vitoria que lle permite seguir pelexando polo primeiro posto do grupo.

INFANTIL A: O Cenor Obradoiro CAB acada unha nova derrota (55-68)

Desta volta, os obradoiristas caen fronte o Baloncesto Narón, que fixo un gran partido na súa visita a Santiago.

Serían os obradoiristas os que mandarían nos primeiros minutos do encontro, moi intensos en ataque e en defensa.

Malia que os locais seguían facendo un bo xogo, baixaron as súas porcentaxes de tiro, e as súas presentación defensivas, o que permitiu ó Narón dala volta ó marcador.

A saída do terceiro período foi clave. Os xogadores do Cenor Obradoiro CAB saíron concentrados e intensos, pero atoparon enfronte un rival cun enorme acerto cara o aro, mentres que eles non eran quen de anotar malia acadar tiros liberados.

Os locais tentaban non baixalos brazos, pero enfronte tiveron un rival superior.

Os parciais por cuartos foron: 19-11, 8-22, 11-16 e 17-19.

A próxima fin de semana, o Cenor Obradoiro CAB medirase ao Instituto Rosalía de Castro nun novo derbi, o sábado a partir das 10:00 horas no pavillón do Instituto Rosalía.

INFANTIL B: O Obradoiro CAB Cenor logra unha igualada vitoria fronte ao Basquet Ames (36-38)

O pasado domingo, ás 17:00 horas, no pavillón municipal de Milladoiro, o Obradoiro CAB Cenor medíase ao Basquet Ames, no que foi un encontro de máxima igualdade.

Despois de corenta minutos de máxima tensión e igualdade, os obradoiristas lograron manter a calma nas últimas xogadas e acadar un importante triunfo por 36-38. A vitoria e unha inxección de moral para o Obradoiro CAB Cenor que reciben o próximo fin de semana ao líder invicto, o Compañía de María.

Logos Software Libre utilizado