Skip to content Skip to navigation

Crónicas Obradoiro-CAB

Nota de prensa Oficial
Obradoiro-CAB na Gaceta Picheleira de ONF

SENIOR LIGA EBA

JUNIOR B

CADETE B

SENIOR LIGA EBA: O Obradoiro Silleda cae nun igualado encontro na pista do Leyma Basquet Coruña (79-71)

O partido comezou con moita imprecisión en ataque por parte dos dous equipos. Tras moitas situacións cómodas erradas tras rebote ofensivo e contraataque por parte de ambos conxuntos, os locais lograron atopar un maior acerto e adquirir as primeiras vantaxes no marcador.

Co paso dos minutos, o Basquet Coruña facíase co control do ritmo do encontro, pero nese momento os obradoiristas trataron de frear o seu xogo cunha defensa zonal 2-3 que nun inicio serviulles para reducir as distancias. Sen embargo, nos últimos minutos do segundo cuarto, os locais mostraron un acerto asombroso dende a liña de tres puntos, cun Guzmán autor de ata catro triplas, que facía que se chegase ao descanso 41-33 para os locais.

Tras o descanso, os obradoiristas foron capaces de subir o ritmo do choque e entrar de novo no partido a base dun gran esforzo defensivo e dun xogo moito máis vertical. Neste período o quinteto obradoirista formado por Rafael García, Enrique Melini, Javier Cal, Brais Losado e Rodrigo Gómez dáballe a volta ao encontro e chegaba ao final do terceiro cuarto 58-65.

Nos últimos minutos, o Leyma Basquet Coruña volveu a controlar o ritmo do partido, freando en seco o ataque obradoirista, que nun inicio se mantiña con varios tiros libres de Juan Castro, pero que pouco a pouco íase desinflando ata acabar recibindo un duro parcial de 21-6 que os deixaría sen opcións de loitar pola vitoria.

Os parciais por cuartos foron: 18-11, 23-22, 17-32 e 21-6.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Silleda recibirá o domingo, a partires das 18:00 horas, a un dos máximos favoritos para o ascenso, o Basquet Gijón.

JUNIOR B: O Obradoiro CAB Cenor cae nun igualado encontro fronte o Rosalía de Castro (51-58)

O pasado sábado, ás 18:00 horas, o Obradoiro CAB Cenor recibía no pavillón Lorenzo de la Torre ao Rosalía de Castro, nun encontro no que o maior acerto nos instantes finais faría que o choque caera de lado dos visitantes.

Nos primeiros minutos, os visitantes mostraron unha gran superioridade física baixo os taboleiros, dominando o rebote e impedindo xogar a campo aberto aos locais. Sen embargo, isto cambiaría a partires do segundo cuarto, momento no que os obradoiristas comezaron a encontrar cada vez maiores situacións de contraataque, tapando moito as liñas de pase e mantendo un gran acerto ofensivo, logrando deste xeito un dos mellores parciais da tempada. 

Á volta de vestiarios, os locais lograban manter o control do encontro pero, pouco a pouco, o gran acerto exterior do Rosalía de Castro facía que as forzas se igualaran.

Nos últimos dez minutos o partido estaba todavía por decidirse. Os visitantes volvían a gañar a batalla na pintura e o Obradoiro CAB Cenor comezou a notar a fatiga e a errar situacións cómodas que ao final acabarían sentenciando o encontro, cun 51-58 a favor do Rosalía de Castro.

Os parciais por cuartos foron: 8-19, 17-5, 18-15 e 8-19.

A próxima fin de semana, o Obradoiro CAB Cenor visitará Montouto para medirse ao Peleteiro.

CADETE B: O Obradoiro CAB – Cenor consegue unha importante vitoria ante o Instituto Rosalía Fedesa que o fai líder do grupo B

A derradeira xornada da fase de grupos xogouse o sábado 10 de Marzo no pavillón Lorenzo de la Torre, deixando un marcador de 55-40.

O partido mantívose igualado toda a primeira metade, dándolle maior transcendencia a cada acción. Ambos equipos traballaron moi ben la loita polo rebote e na defensa de 1x1. O Rosalía era capaz de defender 1x1 a toda pista roubando varios balóns a xogadores que intentaban superalos en bote e o Obradoiro pechando todas a las liñas de pase, case impedindo a circulación de balón rival. Os dous primeiros cuartos foron para os locais 15-14 e 11-9, pero por unha diferencia pequena.

Tras o descanso, o Obradoiro CAB – Cenor deu una paso máis na súa defensa. Non só mantivo o traballo de liñas de pase, senón que lle sumou o risco de varios 2x1 que lle permitiron roubar balóns e correr. Así abriu brecha no marcador gañando 15-10 o terceiro e 14-7 o último cuarto.

Finalmente, diferencia de 15 puntos que lle permite ao Obradoiro CAB – Cenor remontar os 5 puntos polos que perdera no partido de ida. Último encontro da fase de grupos, que lles serve para acabar líderes da mesma.

A próxima fin de semana, o Obradoiro CAB Cenor comezará as eliminatorias a ida e volta contra o Nucamsa Basketdeza de Lalín.

Logos Software Libre utilizado