Skip to content Skip to navigation

Un empate nunha xornada atípica

SD Compostela - Canteira

O Xuvenil Nacional volveu sumar un punto por cuarta xornada consecutiva

A fin de semana de entroidos deparounos unha xornada moi reducida entre as categorías inferiores, na que só xogaron os conxuntos de maior idade. Nos cinco encontros disputados, tan só o Xuvenil Nacional foi capaz de sumar algún punto.

En primeiro lugar, o Zona Vella caeu por 1-2 contra o Cire Melide, terceiro clasificado, a pesar de que se foi con vantaxe ao descanso grazas ao tanto de Fer Carro. Os visitantes déronlle a volta ao marcador no segundo acto evitando que o filial escalase postos na táboa.

O Xuvenil Nacional segue instalado na súa dinámica de empates e este domingo igualou a cero goles na súa visita ao Coruxo. Os branquiazuis non foron capaces de mover o marcador a pesar de contar con algunha oportunidade. Co resultado, seguen instalados en metade de táboa.

Pola súa banda, o Xuvenil B perdeu dúas posicións despois de verse superado polo Escola Estrada.

O partido acabou con triunfo local por tres tantos a cero.

Instalados nunha xeira, no seu caso mala, está tamén o equipo cadete. Esta vez perdeu por 1-3 ante o Milladoiro, terceiro clasificado da categoría. Jaime Álvarez foi o autor do gol local.

Por último, o Infantil A complicoulle a vida ao líder, o EF Lalín, pero acabou sucumbindo ante a efectividade dos visitantes. O conxunto do Deza gañou por 4-7.

En ONF-OND usamos software libre