Skip to content Skip to navigation

Golpe de autoridade do Compos en Barraña

Golpe de autoridade do Compos en Barraña
  • A SD Compostela superou con claridade ao Boiro nun partido que dominou desde o principio.
  • Primo por partida dobre e Santi Gegunde foron os goleadores dos branquiazuis.

 

Golpe de autoridade do Compos en Barraña
Golpe de autoridade do Compos en Barraña

Acábanse os calificativos para esta SD Compostela. Unha vez máis, os branquiazuis demostraron a calidade que atesouran nun duelo moi complicado e superaron por 1-3 ao CD Boiro. Con esta son xa nove vitorias consecutivas as que suma un Compos que segue liderando con man dura a clasificación da Terceira.

Primo na primeira acción de perigo e a mediados da segunda metade e Santi ao comezo da continuación foron os artífices dunha vitoria que maquillou Cano desde o punto de penalti nos últimos instantes do partido.

Ante outro rival de entidade, a SD Compostela mostrou a súa identidade de xogo desde o inicio, unha marca futbolística que permite aos nosos avanzar con paso firme na categoría.

Esta forma de xogar vese referendada ademais pola claridade de cara a gol dos branquiazuis e iso é algo que no Municipal de Barraña se perpetrou antes do minuto 5.

Nunha acción de presión adiantada dos xogadores dirixidos hoxe de novo por Yago Iglesias, Primo rebañou o esférico, regateou ao porteiro Juan de Castro e case sen ángulo conseguiu perforar a rede do campo do Barbanza.

O tanto foi todo un impulso de moral para as ideas dun Compos que dominou a pracer os primeiros 45 minutos. Sen achegamentos claros, fóra dun cabezazo dun xogador local que se marchou fóra, os santiagueses estiveron moi tranquilos sobre o campo e así se marcharon aos vestiarios.

Á volta dos mesmos, a sorte volveuse a repetir. Quizais axudados por un quecemento previo dirixido por Álex Otero, os branquiazuis anotarían o segundo aos dous minutos da continuación.

Desde o centro buscouse a internada de Primo, o cántabro cedeuna para Santi e o dianteiro, tras deixar sentado ao porteiro cun precioso caneo, marcou ao fondo da rede coa súa perna esquerda.

O segundo tanto visitante fixo reaccionar aos locais que coa axuda da bancada comezaron a merodear en máis ocasións a área de Lucas. A máis clara nestes instantes chegou nunha acción individual de Miki, quen regateou a varios adversarios e mesmo a Lucas, pero Saro reaccionou a tempo para despexarlle o balón a córner. Non sería a única, xa que Lucas volveu intervir nun disparo a pracer de Pillado tras penetrar por banda dereita. Con todo, a reacción local viuse dificultada tras a expulsión por dobre amarela de Remeseiro. O mediapunta deixouse caer na área e o árbitro sacoulle o segundo cartón.

Non se fixo agardar a resposta do Compos, xa que primeiro Álex Ares faría lucirse a un gran Juan de Castro nun fenomenal lanzamento de falta, pero o porteiro local xa non puido facer nada no golazo da tarde.

Unha combinación magnífica, con deixada de tacón e pase da morte de Róber, permitiu a Primo anotar o seu segundo tanto e o terceiro dun Compos que pechou así o partido.

Con todo, os locais recortarían distancias desde o once metros, evitando así que o Compos igualase o goal average. Cano foi o encargado de executar o lanzamento desde a pena máxima, enganando a Lucas.

Con este resultado final pecharíase o partido nun Municipal de Barraña que luciu unha espectacular entrada, cunha gran afluencia de público santiagués. Con esta gran axuda, o Compos volve sumar de tres e segue lanzado no alto de táboa con 57 puntos. Suma xa nove vitorias consecutivas e xa pensa no partido da semana que vén contra a UD Barbadás, no regreso ao fortín de San Lázaro.

FICHA TÉCNICA:

1- CD Boiro: Juan de Castro; Javi Otero, Pibe, Caridade (Sandro, m.75), Fajardo; Pablo Rubio (Herbert, m.61), Pillado; Cano, Remeseiro, Alberto Liñán (Yahvé, m.75); e Miki.

3- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Tomás, Mon; Álex Ares, Santi (Diego Rei, m.70), Róber (Samu, m.83); e Primo (Sobrido, m.78).

Goles: 0-1: Primo, min.4; 0-2 Santi, min.47; 0-3 Primo, min.76; 1-3: Cano, min.86.

Árbitro: Castro Alarcón, colexio coruñés. Expulsou ao xogador local Marcos Remeseiro (m.61) por dobre amarela. Amoestou a Primo, Róber, Santi, Tomás e Naveira, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décimo cuarta xornada de Liga de Terceira División disputado no Munipal de Barraña ante 950 espectadores.

En ONF-OND usamos software libre