Skip to content Skip to navigation

III Campus de Verán SD Compostela

Nota de prensa Oficial
III Campus de Verán SD Compostela

O III Campus de Verán da SD Compostela terminou cunha xornada lúdica

III Campus de Verán SD Compostela
III Campus de Verán SD Compostela

A tempada 17/18 na SD Compostela chegou hoxe ao seu fin coa última xornada do III Campus de Verán, que se celebrou durante toda a semana no campo municipal de As Cancelas. Os 60 pequenos e pequenas pasaron cinco xornadas moi divertidas nas que formaron unha bonita familia.

Foi unha semana na que nenos e nenos gozaron co deporte que máis lles gusta, o fútbol, pero tamén xogando cos seus compañeiros e compañeiras e aprendendo os valores que viran ao redor da práctica deportiva. Ademais, participaron en diferentes sorteos de produtos e recibiron a visita de diversas persoas ligadas co deporte.

Mon Vives, capitán do primeiro equipo, visitoulles o luns; Óscar Martínez Santos, árbitro de Segunda B, o martes; Iván Carril, xogador e adestrador, o mércores; e Lucas Díaz e Samu, futbolistas de Bembibre, o xoves.

Para o venres, como fin de festa, o club preparou unha gran xornada lúdica na que xogaron cuns inchables acuáticos pola mañá, xentileza de BJ Trainers, e realizaron un circuíto polo Estadio de San Lázaro pola tarde. A parte do campo, os pequenos e pequenas visitaron tamén o campo de adestramento e a sala de trofeos do club, acompañados por Ramón Castro, director de relacións institucionais que explicou a historia da entidade, e Javier Puñal, director de marketing.

O club quere agradecer a todos os pais e nais que decidiron levar aos seus fillos e fillas a esta terceira edición do Campus, esperando que regresen en futuras ocasións, así como aos monitores que traballaron con eles durante estas cinco xornadas.

Por último, o club quere enviar un agradecemento especial a Emac Proxectos e Obras, patrocinador do Campus. Tamén gratificar a axuda, unha edición máis, de todos os nosos colaboradores: Grupo Alumisan, Gadis, Lois Cervexaría, Errea, 442 Botas, Kia, Hale Shop, Concello de Santiago, Armesa, Gráficas Garabal, Laucreaciones, Deputación da Coruña, Deporte Galego, Galicia Saudable e Galicia.

Logos Software Libre utilizado