Skip to content Skip to navigation

Nova xornada de fútbol base

Nota de prensa Oficial
SD Compostela Alevín B

Só descansará o Alevín B

As categorías inferiores volven á acción cunha xornada frenética na que os nosos terán múltiples encontros, gran parte disputados de visitantes.

En primeiro lugar, o xuvenil de Liga Nacional quere sacarse a espiña de encima polos resultados das últimas xornadas e dar un paso adiante na clasificación gañándolle ao Pavillón Ourense o domingo ás 12.00 horas na Mercé. Pola súa banda, o xuvenil B medirase de local contra o Bertamiráns, o sábado ás 16.00 horas no Municipal de Cancelas.

O Cadete, seguindo a súa tónica habitual, xogará o domingo. Esta vez, o seu rival será outro equipo do Barbanza, o CD Unión, contra o que loitará ás 10.00 horas no campo de Vilas polos tres puntos.

En infantís, o A xogará no campo da Barrrosa, o sábado ás 18.00 horas, contra o Sálvora, mentres que o B quere manter o seu bo posto sumando no seu encontro contra o EF Silleda, o sábado ás 12.00 horas no campo Outeiriño.

En categoría alevín, só terá que saltar ao campo o A. Será en Cancelas, o sábado ás 13.00 horas, contra o Compañía de María. O seu obxectivo é tentar volver sumar, tras dous tropezos, no playoff.

Por último, o benxamín saltará ao campo de Santa Isabel o sábado ás 18.30 horas para medirse ao La Salle, mentres que o biberón xogará o seu segundo partido contra o AD Nicrariense, o domingo ás 12.30 horas no Municipal de Belvís.

Logos Software Libre utilizado