Skip to content Skip to navigation

Presentado o III Campus de Verán da SD Compostela

Nota de prensa Oficial
Presentado o III Campus de Verán da SD Compostela

A SD Compostela segue afianzando o seu proxecto de canteira e este verán realizará o seu III Campus de Verán

Un evento dedicado para nenos de 5 a 18 anos que se celebrará no campo Municipal de As Cancelas do 25 ao 29 de xuño.

Nun acto realizado na Sala de Trofeos do Club, no Estadio de San Lázaro, Javier Puñal, director de marketing da entidade, e Manuel Castiñeiras, director deportivo do club, explicaron os detalles desta nova edición do campus.

“É unha honra e prestixio continuar con este Campus, xa que un obxectivo do club era potenciar a canteira e nese aspecto o Campus era moi importante”, explicou Javier. A actividade servirá, tal como indicou “para dar continuidade en postemporada, para coñecer un pouco máis o club, que nos coñezan e gozalo”. Cun obxectivo de chegar ao centenar de nenos, o que axudará que esta edición se presentase con maior antelación, o director de marketing resumiu o campus como “unha semana distendida, ao redor da práctica do fútbol, no que os nenos poidan progresar a nivel integral, non só no deporte”.

Divididos por idades e con diferentes monitores, os pequenos gozarán dunha semana practicando o deporte que máis lles gusta, á vez que desenvolverán valores positivos ao redor da práctica deportiva, como o compañeirismo. Xogarán, pero tamén realizarán outras actividades como unha visita guiada polo estadio. A maiores, nesta edición, como novidade, os pequenos contarán cun adestrador de porteiros.

Cada día, como vén sendo habitual, gozarán dun xantar a media mañá e, ao termo da xornada matinal, contarán coa visita dalgún personaxe ilustre de diferentes ámbitos, pero sempre relacionado con este deporte (xogadores, adestradores, árbitros, directivos...).

O club ofrece tamén a posibilidade de que os nenos e nenas, pagando un suplemento de 35€, coman todos xuntos na Cafetería Lois, no Centro Comercial As Cancelas.

Os prezos da actividade serán os seguintes:

  • Canteira da SD Compostela: 60€
  • Irmáns de inscritos: 70€
  • Media xornada: 80€
  • Abonados ou fillos de abonados: 100€
  • Federados: 115€
  • Xeral: 120€

Por último, Javier Puñal agradeceu o apoio das institucións, en especial, a EMAC Proxectos e Obras, patrocinador do III Campus da SD Compostela, pero tamén dos colaboradores: Concello de Santiago,

Grupo Alumisan, Gadis, Kia, Hale, Lambonadas, Gráficas Garabal, Armesa, Lois Cervecería, 442 Botas, Laucreaciones, Deputación da Coruña, Deporte Galego, Galicia e Galicia Saudable.

Logos Software Libre utilizado