Skip to content Skip to navigation

SD Compostela III Campus Verán

Nota de prensa Oficial
SD Compostela III Campus Verán

Mañá 13 de xuño rematará o prazo para apuntarse ao III Campus de Verán da SD Compostela.

Para inscribirse, os interesados deben anotarse nas oficinas do club, cubrindo o díptico cos datos do neno ou nena. Terá lugar do 25 ao 29 de xuño no Campo das Cancelas e poden anotarse rapaces de 6 a 18 anos. As actividades serán de mañá e tarde e os que así o desexen poden coller a comida a maiores.

As oficinas estarán abertas hoxe e mañá, de 9.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Ata o momento hai inscritos máis de 50 nenos, polo que se lle puiderades dar un último impulso en medios estaríamos moi agradecidos. Moitas grazas.

Logos Software Libre utilizado