Skip to content Skip to navigation

Triunfos vitais para o filial e os dous xuvenís

Nota de prensa Oficial
SD Compostela: juvenil A

O Xuvenil B logrou a permanencia matemática co seu triunfo ao CF Noia

A xornada reducida para as categorías inferiores da SD Compostela deixou as boas sensacións do filial e de ambolos xuvenís, conxuntos que lograron importantes vitorias nos seus respectivos encontros.

En primeiro lugar, o Zona Vella conseguiu o seu segundo triunfo consecutivo tras vencer por 0-2 ao Atlético Pino. Os goles de Álvaro Moure e Fernando Carro, ambos na segunda parte, permiten ao filial coller aire na súa loita por evitar o descenso ante posibles arrastres. De momento marchan décimos e este martes terán outra final contra o Touro.

En canto ao xuvenil de Liga Nacional, por fin puido saír da súa fochanca de resultados. Os branquiazuis conseguiron superar con solvencia ao CD Conxo no derbi, gañando dúas posicións na táboa e saíndo do descenso directo. Yago Torrente e Dario Gontán, no primeiro tempo, encarrilaron o choque cos seus goles, vantaxe que se mantería ata o asubío final do colexiado.

Pola súa banda, o xuvenil B selou a súa permanencia un ano máis na primeira autonómica coa súa vitoria por 2-0 ante o CF Noia, conxunto ao que supera na clasificación tras situarse no noveno lugar. Raúl García e Brais Loureiro, no últimos dez minutos, foron os autores das dianas que permitiron esta gran fazaña por parte dos nosos canteiráns.

Tras lograr a permanencia a semana pasada, o Cadete seguiu coa súa boa serie de resultado ao empatar a dous tantos na súa visita ao Atlético Fátima. Gerardo Lago e Martín Díaz adiantaron aos nosos por dúas veces, pero os locais conseguiron empatar o encontro en ambas as ocasións.

Peor sorte correron tanto o Infantil A como o Alevín A. Ambos os conxuntos perderon nos seus partidos como locais. O primeiro por 3-4 contra o Milladoiro, conxunto que o avantaxaba en catro postos na clasificación, mentres que os alevíns perderon por 0-1 contra o Negreira no seu playoff e baixaron ao cuarto posto do mesmo, aínda que teñen asegurada a permanencia na categoría.

Logos Software Libre utilizado