Skip to content Skip to navigation

Xornada final para tres equipos

Nota de prensa Oficial
SD Compostela: Alevín B

O xuvenil B, cadete e Infantil A terminarán as súas ligas esta fin de semana

As categorías inferiores da SD Compostela viven o seu particular final de tempada con diferentes obxectivos en mente. Mentres algúns dos conxuntos teñen asegurada a continuidade nas súas ligas, outros como é o caso do xuvenil de Liga Nacional pelexa por saír dos postos de arrastre á división inferior.

Así, nesta xornada tan importante, os propios xuvenís xogarán un duelo crucial contra o Rápido de Bouzas na súa busca por escapar dun dos postos que caerían a liga galega.

Para iso, sumar os tres puntos este domingo faise de vital importancia, nun encontro que se xogará ás 12.00 horas no Municipal de As Cancelas.

Pola súa banda, o xuvenil B, coa salvación debaixo do brazo, disputará o seu último partido de liga contra o segundo clasificado, o EFM Boiro, nun duelo programado para o sábado ás 17.30 horas no campo de Valiño, en Cabo da Cruz. Tamén chega á última cita cos deberes feitos o Cadete, quen se medirá o domingo ás 11.00 horas no Municipal do Sergas ao mesmo EFM Boiro.

En infantís, o A quere asegurar a súa décimo terceira praza, evitando perder a posición respecto ao Dubra, e con este obxectivo medirase á Escola de Fútbol Boqueixón, último clasificado da súa liga, o sábado ás 10.00 horas no campo do Forte.

O único alevín que queda en liza, o A, terá un difícil encontro contra o líder invicto do seu playoff, o Racing San Lorenzo, nun partido que se disputará o sábado ás 13.00 horas no Municipal de As Cancelas.

Por último, o benxamín, tentando saír dos tres últimos postos do playoff medirase ás Escolas Deportivas do Arzúa. Será un partido igualado que se xogará no Municipal do Viso, o sábado ás 17.00 horas. Mentres, o biberón terá unha nova xornada o domingo, día no que se enfrontará ao Santiago no Municipal de Belvís, ás 10.30 horas.

Logos Software Libre utilizado