Skip to content Skip to navigation

Xornada con tres vitorias

Nota de prensa Oficial
SD Compostela: equipo biberón

O Amio SD, SD Villestro e Vitoria FC foron os principais rivais dos nosos equipos

A xornada de regreso para as categorías inferiores da SD Compostela deixounos unha bagaxe de tres triunfos. Os enfrontamentos estiveron protagonizados, na súa ampla maioría, contra tres equipos da zona, o Vitoria FC, a SD Villestro e o Amio SD, con resultados dispares segundo a categoría. Ademais, tamén se viu o debut do equipo biberón.

En primeiro lugar, o Zona Vella non tivo o seu día de sorte, xa que caeu por 1-2 ante o Villestro, despois de poñerse por diante no marcador na primeiro metade co tanto de Francisco Anido.

Tampouco correu sorte o xuvenil de Liga Nacional no seu enfrontamento na Madroa contra o Celta B. O partido acabou con vitoria local por oito goles a cero.

Mellor resultado cultivou o xuvenil B, primeiro triunfador da xornada. Os branquiazuis superaron por 0-2 ao Vitoria e afiánzanse na metade da táboa. Mario Galo e Schadrac Lonji foron os artífices, coas súas dianas, do triunfo.

Tamén gañou o Cadete, despois de tombar co Xuventú Aguiño por 4-1. Gerardo Lago adiantou aos nosos no minuto 7 e, a pesar de que empatarían os visitantes na primeira metade, un dobrete de Mario Galo e outro tanto de Etienne Lorenzo certificaron os tres puntos.

En infantís, o A perdeu 3-1 contra o Vitoria nun partido no que sempre foi a remolque, mentres que o B segue no alto tras vencer por 4-2 ao Amio, nun duelo que dominou de principio a fin.

En categoría alevín, o A caeu por 2-5 contra o Amio, aínda que mantén a súa posición no playoff, mentres que o B xogará esta tarde o partido desta xornada contra o Amio.

Por último, tanto o Benxamín como o Biberón, que debutou na competición esta fin de semana, non tiveron fortuna e perderon os seus encontros contra o Conxo e Villestro, respectivamente.

Logos Software Libre utilizado