Lunes 20 de marzo de 2023 - Año 10 - Semana 12
Víctor Pazos, coordinador da base: “Educar aos nenos e nenas nos valores do deporte creo que é o que marca a diferenza”
Para que lle coñeza a xente, cal é a súa experiencia no mundo do fútbol? Podería resumir o seu currículo deportivo?
A miña experiencia coma futbolista foi moi corta, pero intensa. Con 24 anos tiven que deixar de xogar por unha lesión de xeonllo. Xoguei en equipos coma o Xallas, Castriz, Mineiro, Alcaian, Negreira ou Montañeros.
Logo, quitei os títulos de adestrador e no bando estiven no Alcaian, Castriz, Xallas, Bertamiráns, Sporting Zas, Soneira e Tordoia.
Son adestrador Nacional e teño o Curso de Director Deportivo e o Máster de Adestrador, ámbolos dous da RFEF.
Cales serán as súas funcións nesta nova etapa?
A modo de resumo, levarei a dirección deportiva do fútbol base do club.
Semella que este novo proxecto será un punto de inflexión para o club con algúns cambios na estrutura das categorías inferiores. Cal será o novo camiño a seguir?
Primeiramente debemos fixarnos na captación de nenos. A día de hoxe temos os equipos moi escasos de efectivos e fáltannos varios equipos para completar unha boa estrutura. A partir de aí, debemos crear unha metodoloxía tanto deportiva coma de funcionamento acorde co club para obter os mellores resultados.
Cales son as principais bases deste proxecto?
O importante en calquera proxecto de fútbol base e dispoñer en un número de rapaces suficiente para poder levar a cabo un bo plan deportivo.
Despois, contar con un bo grupo de adestradores que formen e optimicen o talento dos rapaces.
E para rematar, apoiarse nunha boa metodoloxía de traballo.
Como coordinador da base, que principios fundamentais cre que se deben de traballar nunha escola de fútbol?
Educar ós nenos nos valores do deporte creo que é o que marca a diferencia. É importante que aprendan de táctica e técnica, pero moitas veces esquecemos outros aspectos igual de importantes: valores coma o compromiso, saber que hai que asistir ós adestramentos sempre, o compañeirismo, axudar ó compañeiro cando te necesita, o sacrificio, dar máis cando xa non se pode, o respecto ou ensinarlles a saber perder e a gañar sen escusas, sen faltarlle ó arbitro nin os rivais. Estes aspectos e un largo etcétera, que si conseguimos inculcarllos teremos moito traballo feito.
Como é a elección de adestradores? Son titulados e formados neste ámbito?
Os adestradores deben ser todos titulados, pero máis alá de titulacións, os adestradores teñen que saber en que club están e o que representa. Teñen que ser apaixonados do fútbol e ter moitas gañas de seguir aprendendo, e saber en todo momento que o club está por encima de calquera “capricho persoal”.
Un dos proxectos que había para este ano era a creación dun equipo de biberóns que acaba de debutar... cal é agora o seguinte obxectivo? Un equipo feminino?
O seguinte obxectivo, como che dicía antes, debe ser completar os equipos que nos faltan. Fáltanos a categoría Prebenxamín no club, e temos que reforzar o resto dos equipos que andan moi escasos de efectivos. Unha vez estea a estrutura ben consolidada exporemos outros obxectivos. Un equipo feminino sería algo estupendo. O club xa tivo un no seu momento e non se descarta nada.
De cantos equipos consta a canteira e que número de xogadores hai a día de hoxe? Está medrando?
Ata agora tiñamos pouco máis de 100 rapaces repartidos en 8 equipos. Agora vimos de incorporar 20 nenos máis nun equipo biberón e para o ano esperamos seguir medrando.
Campus de fútbol no Nadal e verán, torneos...que teñen a maiores os canteiráns do Compostela máis alá da pura competición para seguir dándolle formación?
Pois temos en proxecto varias iniciativas de cara a vindeira tempada. Cremos que a formación deportiva non remata no campo de fútbol. Nutrición, regras de xogo, educación física e outros campos considerámolos moi importantes para unha óptima formación do deportista.
Como se conciencia aos deportistas das categorías inferiores sobre a importancia da nutrición no seu crecemento? Dánselle algunhas pautas sobre como alimentarse?
Pois como che dicía, isto é algo que consideramos importante. Acabamos de incorporar un psicólogo deportivo para a base e queremos incorporar tamén un nutricionista. Aprender a alimentarse de forma saudable cremos que é parte da educación do deportista.
Existe algún control para que os deportistas compaxinen o seu crecemento e estudos coa formación futbolística?
Nese sentido tamén queremos traballar de forma máis activa. Temos un proxecto que de momento non che podo adiantar moito xa que está en proceso de desenvolvemento.
No pouco tempo que leva como coordinador, como viu aos equipos que conforman o fútbol base do club? Hai algún equipo da canteira con algún obxectivo deportivo, máis alá da mera competición e aprendizaxe?
O obxectivo primeiro en calquera dos equipos debe ser que os rapaces se formen coma deportistas desfrutando do que máis lle gusta, neste caso o fútbol. Despois, nun club ca nosa historia, hai que ter ós equipos de fútbol 11 nas categorías máis altas xa que a meta dos nosos pequenos futbolistas debe ser xogar no primeiro equipo.
Como se manexa a un xogador que apunta maneiras de crack? Que calidades o diferencian do resto de xogadores?
En idades tan temperás é moi difícil predicir cales son os que van a despuntar de adultos. Hai nenos que sobresaen moito técnica ou fisicamente e podemos confundilos se xa os tratamos de cracks. É moi importante facerlles ver que teñen que ser humildes e adestrar moito e ben para poder seguir con unha evolución óptima.
Que consello daría aos nenos que comezan agora e soñan con poder chegar a ser profesionais no mundo do fútbol?
Os nenos e sobre todo os pais deben manter os pés na terra en todo momento. A porcentaxe de rapaces que chegan a profesionais é mínima. Non digo que o deban ver coma algo imposible, pero deben saber que han de traballar moi duro, sacrificar moitos momentos e nunca deixar de lado os estudos.
Que futbolista considera un exemplo para as novas xeracións? E adestrador?
Un bo exemplo para os rapaces son xogadores coma Jorge Molina ou Esteban Granero, por exemplo. Xogadores que tiveron que loitar moito para estar na elite e compaxinaron todo ese esforzo cos seus estudos. Teñen dúas carreiras cada un, se mal non recordo, e é algo que non prevalece na Primeira División.
Como exemplo de adestrador vénme a mente Pablo Machín. Sen ter sido un xogador da elite e despois de estar moitos anos na categoría de bronce foise facendo, pouco a pouco, e con moito traballo, un oco entre os mellores adestradores de España.
Que se espera conseguir nun futuro con este proxecto? Hai canteiráns no primeiro equipo?
Pois iso mesmo. Agora mesmo son moi poucos os canteiráns que hai no primeiro equipo. Esperemos que dentro de uns anos o traballo dea o seu froito e poidamos ter unha boa base de xogadores da casa no primeiro equipo.
A pregunta do millón: formación ou competición?
Iso é moi doado de contestar. Creo que as dúas son compatibles, se temos claro en todo momento quen son os que compiten. Para min, en fútbol 8, non ten ningún sentido darlle importancia ós marcadores finais dos partidos. Os rapaces teñen que saír a gañar o partido, xa que esa é a esencia do xogo, pero non debe ser a máxima preocupación do adestrador nin do club. O resultado de eses partidos non se ven nun marcador, senón despois duns anos cando eses rapaces cheguen as ligas galegas ou nacionais. Polo tanto, formación sempre. E competición, xa nas etapas de fútbol 11, pero dándolle prioridade sempre a formación.
El Campo Municipal de Bertamiráns acogerá desde el 25 al 29 de junio el VII Campus de Fútbol 8 Bertamiráns Fc, evento dedicado a los niños y niñas de 5 a 14 años, correspondientes a las categorías de Biberon a Infantil, siendo el Campo Municipal de Bertamiráns donde se desarrollarán las acciones formativas y de ocio de esta actividad deportiva.
En esta presentación, Sergio Penas, como Secretario Técnico del Bertamiráns FC, señaló: “el fútbol como vehículo de nuevas experiencias y valores, es el medio, y este año, además de los juegos relacionados con el agua, haremos una simbiosis del fútbol con los distintos juegos populares”, a su vez, “esperamos seguir creciendo en esta actividad lúdico-deportiva”.
Por otro lado, Rafael Budiño, como Presidente del Bertamiráns FC apuntó: “el Campus viene a completar la faceta socio-deportiva del Club, dando un servicio deportivo a la base del Club, así como a quién desee participar en el evento ya que no esta circunscrito al Club”. “Quiero agradecer al Ayuntamiento de Ames que nos han permitido organizar esta actividad por sexta edición consecutiva, superando en la anterior la centena de inscritos, y a su vez cedido la instalación donde se llevará a cabo la misma, y en especial al Alcalde de Ames, Jose Miñones, por todas las facilidades que nos prestó el ayuntamiento”, agregó Rafael Budiño.
El Alcalde de Ames, Jose Miñones, tomó la palabra para: “Felicitar al Bertamiráns Fc por su trabajo, y desde a Concellaría de Deportes de Ames entendemos que esta actividad supone otro paso adelante en el objetivo común de promover la práctica del deporte entre los más pequeños con un doble objetivo. Difundir los beneficios del ejercicio físico para la salud, ademas, de ser un recurso versátil en su formación como personas, inculcando valores como el compañerismo y la solidaridad, entre otros”.
El Campus
Este VII Campus de Fútbol 8 está diseñado para las categorías biberón, pre-benjamin, benjamín, alevín e infantil, niños y niñas de 5 a 14 años tendrán cabida dentro de la actividad, que en su tercera edición tendrá un cupo de 100 plazas para jugadores y de 20 para porteros.
Las fechas donde se desplegaran los distintos contenidos futbolísticos serán del 26 al 30 de junio, teniendo un horario desde las 8 am hasta las 3 pm, dentro de este horario se desarrollarán actividades formativas apoyadas por medios audiovisuales, de ejecución y de competición, a su vez se desarrollarán distintas competiciones sobre los conceptos técnicos y tácticos tratados en esos días, aprovechando también para la inserción de actividades de ocio como el uso de la piscina o del piragüismo entre otras.
Teniendo en la web www.bertamiransfc.com los formularios de inscripción junto con las distintas matrículas acorde a desayunos, comidas y otras opciones.
Toda la actividad tendrá en el Campo Municipal de Bertamiráns una inmejorable instalación para llevarse el desarrollo de la misma.
O Xuvenil B logrou a permanencia matemática co seu triunfo ao CF Noia
A xornada reducida para as categorías inferiores da SD Compostela deixou as boas sensacións do filial e de ambolos xuvenís, conxuntos que lograron importantes vitorias nos seus respectivos encontros.
En primeiro lugar, o Zona Vella conseguiu o seu segundo triunfo consecutivo tras vencer por 0-2 ao Atlético Pino. Os goles de Álvaro Moure e Fernando Carro, ambos na segunda parte, permiten ao filial coller aire na súa loita por evitar o descenso ante posibles arrastres. De momento marchan décimos e este martes terán outra final contra o Touro.
En canto ao xuvenil de Liga Nacional, por fin puido saír da súa fochanca de resultados. Os branquiazuis conseguiron superar con solvencia ao CD Conxo no derbi, gañando dúas posicións na táboa e saíndo do descenso directo. Yago Torrente e Dario Gontán, no primeiro tempo, encarrilaron o choque cos seus goles, vantaxe que se mantería ata o asubío final do colexiado.
Pola súa banda, o xuvenil B selou a súa permanencia un ano máis na primeira autonómica coa súa vitoria por 2-0 ante o CF Noia, conxunto ao que supera na clasificación tras situarse no noveno lugar. Raúl García e Brais Loureiro, no últimos dez minutos, foron os autores das dianas que permitiron esta gran fazaña por parte dos nosos canteiráns.
Tras lograr a permanencia a semana pasada, o Cadete seguiu coa súa boa serie de resultado ao empatar a dous tantos na súa visita ao Atlético Fátima. Gerardo Lago e Martín Díaz adiantaron aos nosos por dúas veces, pero os locais conseguiron empatar o encontro en ambas as ocasións.
Peor sorte correron tanto o Infantil A como o Alevín A. Ambos os conxuntos perderon nos seus partidos como locais. O primeiro por 3-4 contra o Milladoiro, conxunto que o avantaxaba en catro postos na clasificación, mentres que os alevíns perderon por 0-1 contra o Negreira no seu playoff e baixaron ao cuarto posto do mesmo, aínda que teñen asegurada a permanencia na categoría.
1. Para que lle coñeza a xente, cal é a súa experiencia no mundo do fútbol? Podería resumir o seu currículo deportivo?
Toda a miña vida estiven vinculado ao fútbol; son de Canarias e como xogador estiven sempre ligado ao Gomera, empezando en categorías inferiores e logo dende Segunda Rexional ata Terceira División. Fai catro anos cheguei a Galicia e fichei polo Bertamiráns, onde estiven dous anos co equipo de Terceira División e de Primeira Rexional. Logo fun ao Xallas de Santa Comba en Preferente, antes de estar un ano sen xogar por rotura de ámbolos dous xeonllos.
Esta temporada volvín ao Bertamiráns, pero entre recaídas nas lesións e o traballo non puiden continuar. De adestrador comecei coas categorías inferiores xa no Gomera, sempre con benxamíns. Ao chegar a Galicia empecei cos benxamíns do Negreira, e esta temporada compaxino os biberóns do Bertamirans do ano 2013 cos do Compostela do 2014.
2. Que é o primeiro que valora nun xogador de tan corta idade?
Con nenos de catro anos non podes prestar atención a moitas cousas; ensinarlle que o balón non se toca coa man, saber en que portería teñen que marcar gol e que dean algún pase é o principal obxectivo, é o único que lle podes pedir a esta idade.
3. Que valores intenta transmitir como técnico aos seus xogadores?
Sobre todo compañeirismo; os biberóns son moi dados a pensar que a pelota é súa, entón ensínolles sobre todo que a teñen que compartir e que somos un equipo; ao fin e ao cabo son as súas primeiras experiencias en equipo. Con que se respecten, chégame.
4. Que tipo de fútbol lle gusta para os seus equipos?
Aos biberóns non podes ensinarlles como queres xogar, o obxectivo é que aprendan a tocar, a xogar en equipo, chegar a portería...non só correr para adiante e marcar gol.
5. Que é o mellor e o máis complicado de traballar con deportistas tan novos?
O máis complicado é que che fagan caso todos á vez, conseguir ter a súa atención. O mellor é a boa fe coa que o fan todo, sen ningunha maldade.
6. Unha vez dentro, existe algún control para que os deportistas compaxinen o seu crecemento e estudos coa formación futbolística?
Iso é primordial. Nestas categorías o único que me piden os pais é complicidade para que vaian cortar o pelo, portarse ben na casa ou comer certos alimentos, senón vanmo dicir e non van xogar; é un tipo de educación. Se son máis maiores, o normal en calquera club é que se o neno vai mal nos estudos, por moi bo que sexa, deberíase actuar; o fútbol é un premio, se non actúan ben o lóxico é sacarllo.
7. Que consello lle daría aos nenos que empezan agora e soñan con poder chegar a ser profesionais no mundo do fútbol?
Sobre todo, pasalo ben e gozar cos compañeiros que teñan. Se van saír bos co tempo irase vendo, pero non centrarse dende tan pequenos en selo. A estas idades non se sabe o que pode pasar.
8. Como debe manexar un adestrador a un xogador que apunta maneiras de “crack”? Que calidades o diferencian do resto de xogadores?
Sobre todo a forma de ver o xogo que teñen: ven pases, ven o que vai pasar...iso vese no neno. Xa non tanto na calidade coa que poidan realizar un pase ou meter un gol, non por regatear a todo o equipo é mellor; hai certos pases, certa colocación no campo que o neno o manifesta independentemente de que cada adestrador lle poida transmitir unha cosa ou outra. Se sendo tan pequenos o conseguen ver, pódense apreciar boas calidades.
9. Que futbolista consideras un exemplo para as novas xeracións?
Non che vou dicir nin a Cristiano nin a Messi. Polo gusto que teño de equipo de fútbol diríache Joaquín do Betis, por valores diríache Valerón...pero se tuvera que centrarme nun diría Francesco Totti ou Lampard, xogadores que estiveron toda a súa vida nun mesmo club e non lles importou nin o diñeiro nin o nivel do equipo nin nada. Teñen que valorar onde están a gusto e logo está a forma de ser do xogador, que canto máis humilde e honesto sexa mellor lle vai ser.
10. Para rematar, cales son as principais bases deste proxecto? Que agarda?
O mesmo que espero sempre nos biberóns: ver como empezan que non saben nada e ao final de tempada percibir como son capaces de chegar á outra portería, saber onde meter o gol e empezar a colocarse no campo. Váiselles esixindo segundo van avanzando; de momento, con que consigan iso váleme.
O xuvenil de Liga Nacional é o único equipo en apertos
A fin de semana para as categorías inferiores deixou, por unha banda, as boas sensacións de equipos como o filial ou o cadete que afianzaron a súa posición na táboa para evitar calquera complicación de última hora, pero, polo outro, vivimos unha nova derrota do Nacional, quen segue metido na pelexa por eludir o descenso.
En primeiro lugar, o filial logrou o triunfo despois de tres encontros e mantéñense na parte media da táboa. Un tanto de Pedro Leis aos tres minutos de empezar foi suficiente para lograr os tres puntos contra o Lamela.
O xuvenil de Liga Nacional a pesar de estar moi preto de sumar contra o segundo clasificado, o Ural CF, volveu ter mala sorte e acabou derrotado por 2-4. Jorge Queiruga e Marcos González adiantaron aos branquiazuis por dúas veces no marcador, pero os coruñeses conseguiron darlle a volta ao mesmo nos últimos vinte minutos.
Pola súa banda, o xuvenil B logrou un valioso empate contra o Atlético Fátima. O resultado non se moveu durante os 90 minutos e os nosos mantéñense na undécima praza a falta de dúas xornadas para que termine a liga.
Do mesmo xeito que o Zona Vella, o Cadete logrou unha vitoria de moito mérito xa que conseguiu superar ao Conxo, equipo que está no playoff de ascenso, por 3-2 e logrou, a falta de dúas xornadas, a salvación matemática. Mario Galo, por dúas veces, e Martín Díaz puxeron o 3-1 aos vinte e cinco minutos e, a pesar de que os visitantes recortarían máis tarde distancias, a vitoria branquiazul xa non se escaparía.
En infantís, o único equipo en liza, o A, logrou un empate a un tanto na súa visita ao Escola Estrada, nun encontro no que se puxo por diante na primeira metade e que recibiu o tanto da igualada no 77. Co punto marchan décimo terceiros a falta de dúas citas.
En categoría alevín, o A regresou ao segundo posto do playoff tras superar claramente ao La Salle por 1-6, mentres que o B pechou a súa liga nun meritorio cuarto posto, aínda que nesta última xornada perdeu por 3-2 na súa visita á SD Cacheiras.
Por último, o Benxamín xogará un bo partido este mércores contra o Val do Ulla, dous conxuntos moi igualados que están separados por apenas dous puntos no playoff, mentres que o biberón perdeu contra o Bertamiráns no seu terceiro encontro.
Os equipos das categorías inferiores da SD Compostela encaran a recta final dos seus respectivos campionatos con partidos que se antollan cada vez máis decisivos e nos que esperan sacar os mellores resultados posibles.
En primeiro lugar, o xuvenil de Liga Nacional tentará reaccionar para evitar o descenso aínda que para iso teña que gañar ao segundo clasificado, o Ural, un equipo case ascendido e que pelexa polo liderado contra o Celta. O encontro xogarase o sábado ás 16.00 horas en Cancelas.
Pola súa banda, o xuvenil B quere manterse na súa posición cómoda na táboa, polo que tentará superar ao Atlético Fátima, o sábado ás 17.00 horas no campo da Devesiña, en Recesende.
O cadete, como é habitual, xogará o domingo de mañá, 10.00 horas, en Santa Isabel contra o Conxo, tentando emular o resultado conseguido fai quince días.
En infantís, o A enfrontarase contra o Escola Estrada no Municipal Manuel Regueiro, o sábado ás 12.15 horas, na xornada 32 de liga.
En categoría alevín, o A tentará manterse na parte do playoff, gañándolle ao La Salle en Santa Isabel, o sábado ás 10.00 horas, mentres que o B medirase á SD Cacheiras, o domingo ás 12.45 horas no campo da Cañoteira.
Por último, o Benxamín buscará sumar a súa segunda vitoria consecutiva, esta vez contra o Val do Ulla, o sábado ás 16.30 horas en Santa Isabel. Pola súa banda, o biberón medirase ao Bertamiráns no municipal de Belvís, o domingo ás 10.30 horas.
A xornada da fin de semana para as categorías inferiores deixou tres vitorias e un empate como resultados positivos.
Entre os triunfos, destacan os do Alevín A e o Benxamín nos seus respectivos playoffs. Ademais, o infantil B pechou a súa liga en cuarta posición.
En primeiro lugar, tras varios tropezos de forma consecutiva, o Zona Vella conseguiu un empate a cero contra o Trazo, resultado que lle permite manterse en metade de táboa.
O xuvenil de Liga Nacional recibiu un revés ao perder na casa contra o Pavillón Ourense e terá que tentar evitar o descenso. Pola súa banda, o xuvenil B perdeu contra o Bertamiráns, un dos conxuntos que loita polo ascenso, por un axustado 1-2. Os nosos conseguiron empatar o encontro na segunda parte co tanto de Brais Loureiro, pero o conxunto visitante marcou o tanto da vitoria no minuto 70.
En canto ao cadete, o equipo branquiazul caeu por 1-0 na súa visita ao CD Unión, polo que o cadro do Barbanza distánciase agora a tres puntos.
En infantís, o A conseguiu unha gran vitoria en casa contra o Sálvora, conxunto ao que se achega na táboa, por 2-1. Os santiagueses foron sempre por diante no marcador e, a pesar de recibir un tanto nos últimos minutos, nunca viron perigar o triunfo. Mentres, o B perdeu no seu último partido de liga contra o Escola de Fútbol Silleda por 5-2 e acabou a tempada en cuarta posición, un magnífico resultado.
En categoría alevín, o A volveu á senda do triunfo no seu playoff despois de superar por 1-2 ao Compañía de María, afianzándose na terceira praza, nunha xornada na que o B descansou.
Por último, o benxamín conseguiu superar ao La Salle por 0-2 e ascendeu ao sexto lugar do seu playoff, mentres que pola súa banda, o biberón perdeu contra o Nicrariense.
Só descansará o Alevín B
As categorías inferiores volven á acción cunha xornada frenética na que os nosos terán múltiples encontros, gran parte disputados de visitantes.
En primeiro lugar, o xuvenil de Liga Nacional quere sacarse a espiña de encima polos resultados das últimas xornadas e dar un paso adiante na clasificación gañándolle ao Pavillón Ourense o domingo ás 12.00 horas na Mercé. Pola súa banda, o xuvenil B medirase de local contra o Bertamiráns, o sábado ás 16.00 horas no Municipal de Cancelas.
O Cadete, seguindo a súa tónica habitual, xogará o domingo. Esta vez, o seu rival será outro equipo do Barbanza, o CD Unión, contra o que loitará ás 10.00 horas no campo de Vilas polos tres puntos.
En infantís, o A xogará no campo da Barrrosa, o sábado ás 18.00 horas, contra o Sálvora, mentres que o B quere manter o seu bo posto sumando no seu encontro contra o EF Silleda, o sábado ás 12.00 horas no campo Outeiriño.
En categoría alevín, só terá que saltar ao campo o A. Será en Cancelas, o sábado ás 13.00 horas, contra o Compañía de María. O seu obxectivo é tentar volver sumar, tras dous tropezos, no playoff.
Por último, o benxamín saltará ao campo de Santa Isabel o sábado ás 18.30 horas para medirse ao La Salle, mentres que o biberón xogará o seu segundo partido contra o AD Nicrariense, o domingo ás 12.30 horas no Municipal de Belvís.
O Amio SD, SD Villestro e Vitoria FC foron os principais rivais dos nosos equipos
A xornada de regreso para as categorías inferiores da SD Compostela deixounos unha bagaxe de tres triunfos. Os enfrontamentos estiveron protagonizados, na súa ampla maioría, contra tres equipos da zona, o Vitoria FC, a SD Villestro e o Amio SD, con resultados dispares segundo a categoría. Ademais, tamén se viu o debut do equipo biberón.
En primeiro lugar, o Zona Vella non tivo o seu día de sorte, xa que caeu por 1-2 ante o Villestro, despois de poñerse por diante no marcador na primeiro metade co tanto de Francisco Anido.
Tampouco correu sorte o xuvenil de Liga Nacional no seu enfrontamento na Madroa contra o Celta B. O partido acabou con vitoria local por oito goles a cero.
Mellor resultado cultivou o xuvenil B, primeiro triunfador da xornada. Os branquiazuis superaron por 0-2 ao Vitoria e afiánzanse na metade da táboa. Mario Galo e Schadrac Lonji foron os artífices, coas súas dianas, do triunfo.
Tamén gañou o Cadete, despois de tombar co Xuventú Aguiño por 4-1. Gerardo Lago adiantou aos nosos no minuto 7 e, a pesar de que empatarían os visitantes na primeira metade, un dobrete de Mario Galo e outro tanto de Etienne Lorenzo certificaron os tres puntos.
En infantís, o A perdeu 3-1 contra o Vitoria nun partido no que sempre foi a remolque, mentres que o B segue no alto tras vencer por 4-2 ao Amio, nun duelo que dominou de principio a fin.
En categoría alevín, o A caeu por 2-5 contra o Amio, aínda que mantén a súa posición no playoff, mentres que o B xogará esta tarde o partido desta xornada contra o Amio.
Por último, tanto o Benxamín como o Biberón, que debutou na competición esta fin de semana, non tiveron fortuna e perderon os seus encontros contra o Conxo e Villestro, respectivamente.